FICHA TÉCNICA
RC Celta 1-0 Getafe CF
Aliñación RC Celta: Iván Villar, Kevin Vázquez, Aidoo, Carlos Domínguez, Aarón Martín, Fran Beltrán, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Iago Aspas e Santi Mina.
Aliñación Getafe CF: Soria, Olivera, Chema, Djene, Iglesias, Aleñá, Maksimovic, Cucurella, Damián, Unal e Ángel.
Goles: 1-0, min. 24 (Nolito).
Árbitro: Melero López
Campo: Estadio Municipal de Balaídos
ANÁLISE
O Celta consegue unha vitoria importantísima no inesperado soño europeo deste final de tempada. No primeiro tempo houbo ocasións para ambos equipos, pero o encontro desnivelouse cara o bando celeste cando Nolito anotou. Na segunda metade os celestes controlaron e resolveron as situacións de perigo dos azulóns.
No primeiro tempo o Getafe entrou intenso ao partido. Dispuxo de ocasións de perigo e estaban a controlar o xogo. Aínda así o Celta soubo aguantar e chegou a recompensa no minuto 24 cando Santi Mina asistiu a Nolito e este anotou o primeiro gol vigués. A partir de aí o Celta xa se asentou no partido. Con todo, o Getafe deu un último susto antes de rematar que resolveu Iván Villar cunha gran parada.
No segundo tempo, os celestes seguiron a controlar, aínda que non houbo tantas ocasións destacadas. Os visitantes realizaban intentos de cando en vez coñecedores da importancia de sacar algo positivo do partido. Con todo, non foi posible e a vitoria quedou en Balaídos.
Volven as cábalas nos afeccionados celestes pola posible clasificación á Europa League. É complicado, claramente, pero tamén era complicado a principio de tempada chegar aos cincuenta puntos tendo en conta os resultados agónicos das campañas anteriores. “Todo é posible na vida“, dixo Nolito ao rematar o partido. Pois iso, a seguir soñando.
Fotografía: LaLiga Santander