O sábado 11 celebraránse en Ordes os Campionatos Galegos sub 21 e cadete de taekwondo

0

Nota de prensa de la Federación Gallega de Taekwondo

O sábado 11 de maio (a partir das 09.00 horas) celebraranse en Ordes (pavillón Castelao I) os Campionatos Galegos Sub 21 e Cadete, que reunirán a 208 deportistas pertencentes a 28 clubs de toda Galicia e 24 árbitros.

Hoxe celebrouse no Concello de Ordes a presentación do evento, coa participación do alcalde de Ordes, José Luís Martínez Sanjurjo; a tenente de alcalde, Ana Soneira; a presidenta da Asociación de taekwondistas da comarca de Ordes, Cruz Cendal; a vicepresidenta da Federación Galega, Esperanza Meilán e o presidente do club Boudsport, Cristóbal Boudjenane.

O torneo cadete comezará ás 9 da mañá con 128 participantes (61 na categoría masculina e 67 na feminina). O Galego será moi importante para definir a selección galega que participará no Campionato de España no mes de xuño. Este ano a selección galega cadete será completamente renovada, con xente moi nova, pero o certo é que o seu rendemento no Open de España foi espectacular, ao lograr o primeiro posto por equipos.

O Galego sub 21 celebrarase pola tarde (a partir das 15:30 horas) con 80 participantes (44 homes e 36 mulleres). Non poderá participar Arlet Ortiz, que a próxima fin de semana disputará o Mundial absoluto. Iso si, entre os inscritos están deportistas destacados como Artai Pazos (Mace Sport), Alejandro Paz (Natural Sport), Javier Torrado (Suh Sport), Alba Vidal (Kido), Sara Gacio (BoudSport) ou Alma Pérez (Suh Sport).