O Ribadeo vence ao Dubra e aséntase na zona alta

0
Ficha Técnica
RIBADEO CF: Hugo (81′ Javi Prieto), Dani Prieto, Juanma, Pablo Rivas, Martín, Jacob (61′ Yoel), Santi, Rafa (75′ Aitor), Vicente (67′ Iván) , Poratti e Luki (70′ Criss).

SD DUBRA: Iván Couto, Juan Caneda, Gestor, Cholo, Brais (60′ Leites), Mariño, Villa (71′ Pablo), Berto, Dani Moto (63′ Martín), Adrián e Gonzalo (71′ Borja).

GOLES: (1-0) 3′ Rafa. (2-0) 26′ Poratti. (3-0) 63′ Santi.

ÁRBITRO: Carlos González Fernández (Colexio Vigués), asistido por Alicia Andrés Silva e Andrés Seijo Bardanca. Amonestou aos locales Criss (70′) e Iván (84′ e 88′) e aos visitantes Villa (33′), Berto (65′) e Cholo (69′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Antes do comezo do encontró gardouse un minuto de silencia en memoria dos falecidos nos incendios que asolaron Galicia a pasada fin de semana.

Presumíase un encontro igualado o disputado hoxe no Pepe Barrera. Ribadeo e Dubra a priori son equipos chamados a estar na zona nobre e ámbolos dous chegaban tras dous triunfos convincentes. Os mariñáns remontaron un marcador adverso ante a Residencia amosando un bo xogo e o Dubra goleou no seu campo ao Viveiro, aínda que saiu derrotado nos seus tres últimos desprazamentos.

O partido comezou cun ritmo trepidante. Con pouco máis dun minuto de xogo Adrián xa puido adiantar ao Dubra, pero atopouse cunha gran parada de Hugo. Na seguinte acción, Luki asistiu, tras unha gran xogada por banda dereita a Rafa, que adiantou ao conxunto mariñán cun certeiro disparo desde dentro da área.

O conxunto de Fiz Rodríguez controlou o encontro desde ese momento. Moitas veces mediante a posesión de balón, con Santi, Vicente e Poratti asociándose e creando xogadas longas e de perigo, e outras controlando sen excesivos problemas as embestidas do Dubra.

Os de Baleato crearon perigo cun remate de Dani Moto que saiu desviado e cun gol anulado a Mariño despois dun claro fóra de xogo.

No minuto 26 un pase de Santi recólleo Poratti na esquina da área e desde ahí fusila a Iván Couto cun potentísimo disparo que se cola pola escadra.

Na segunda metade, o Dubra deu un paso cara adiante, e tentou levar a iniciativa do xogo, pero sen profundidade, e non logrou inquietar a Hugo en ocasión algunha.

Con pouco máis dun cuarto de hora gastado do último periodo, o Ribadeo sentenciou o partido. Santi recolleu un bslón solto na frontal da área e tras driblar a un rival bate por baixo ao meta do Dubra.

A última media hora de partido, e xa cos visitantes cos brazos baixados, o Ribadeo puido ampliar a súa renda, por medio de Yoel, pero o seu tiro saiu lixeiramente desviado. Tamén Iván cun potente tiro desde fóra da área tivo preto de facer o cuarto.

Por parte do Dubra, tan só Mariño cun disparo lonxano preto do final, puxo a proba ao recén incorporado Javi Prieto.

A vindeira semana o Ribadeo viaxa ao campo dun Betanzos que atravesa una racha moi negativa de resultados, mentras que o Dubra recibe ao segundo clasificado, o Arzúa.