O Ribadeo suma tres puntos ante o Boimorto nun encontro marcado polo mal estado do céspede do Pepe Barrera

Ficha Técnica
RIBADEO F.C.: Hugo, Rafa, Isma, Martín, Juanma, Iván, Tichu (79′ David Rodríguez), Santi (87′ Cube), Miguel (51′ Jacob), Luki (71′ Luki) e Poratti.

BOIMORTO C.F.: Cortés, Corral, Pose, Jorge, Nacho (77′ Jalecho), Sergi, Julito, Luismi (77′ Adrián), Neto (87′ Jonathan), Sergio e Figo.

GOLES: (1-0) 19′ Poratti. (2-0) 53′ Nacho (p.p.), (3-0) 89′ Poratti.

ÁRBITRO: Daniel Montoto Taboada (Colexio de Pontevedra), asistido nas bandas por Abel Otero Rodríguez e César Montes Villamil. Amonestou aos locales Juanma (28′), Martín (32′), Rafa (87′) e Santi (88′) e ao visitante Jorge (81′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera de Ribadeo. Céspede en moi malas condicións. 150 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Manuel Díaz Souto “O Neno”, presidente de honra da Comercial

O partido disputado hoxe entre o Ribadeo F.C. e o Boimorto C.F. practicamente foi unha loita pola supervivencia, por manterse de pé e por poder empurrar o balón o máis lonxe posible para non pasar apuros na área propia. As constantes choivas caídas durante os últimos días e o acusado uso que se fai do estadio fixeron que o céspede se convertise, xa no comezo do partido, nun auténtico barrizal.

Malia tódalas adversidades, ámbolos equipos conseguiron que se poidese ver fútbol e peses ás circunstancias agasallaron ao espectador cunha gran loita polos tres puntos. E é que os dous conxuntos chegaban nun bo momento. Os locales logo de catro triunfos consecutivos e un empate de prestixio en Arteixo están situados en promoción de ascenso, mentras que os visitantes chegaban tras vencer no seu campo a un histórico como o Viveiro.

O partido comezou co Boimorto mellor posicionado e intentando chegar á área ribadense. Non tardou en facelo. No minuto 3, tras un barullo, Julito remata e Juanma moi atento salva preto da liña de gol. O Ribadeo, tras ver ameazado o marcador reaccionou e á contra Miguel puido marcar, pero o seu tiro salvouno Cortés. Preto dos dez minutos de xogo, o visitante Figo desde fóra da área, lanzou o balón ao longueiro.

O Ribadeo, que ata ese momento tentaba tocar o balón pero non era posible facelo coas consecuentes perdas que xeraban ocasións visitantes, cambiou a súa estratexia e comezou a buscar as contras coas galopadas de Miguel e Luki polas bandas. Nunha delas chegou o córner que deu orixe ao primeiro gol. O saque de Rafa Casanova foi rematado de cabeza por Poratti e colouse por debaixo do corpo do porteiro Cortés.

O encontro trabouse e o Ribadeo non concedía chegadas con facilidade ao Boimorto, que nos restantes minutos da primeira parte só puido tirar a porta nun lanzamento de falta que Hugo despexou a córner. Os locales puideron ampliala súa ventaxa tras un centro pasado de Luki que Poratti, dunha volea espectacular enviou lixeiramente desviado.

Á volta dos vestiarios, o encontro proseguiu do mesmo xeito. Cun céspede cada vez máis estragado o Ribadeo, co marcado a favor sentíase máis cómodo que o rival, que vía como non daba chegado con claridade á área ribadense. Nada máis comezar a segunda parte, logo dun rexeite, Tichu tras un potente disparo puido poñer terra de por medio, pero o gardameta do Boimorto respostou cunha gran parada.

No minuto 53, logo de varias tentativas de Rafa e Poratti por poñer o balón na área, este foi recollido por Luki que tirou cruzado, pero o seu lanzamento foi introducido na propia porta por Nacho. Con 2-0 no marcador o Ribadeo seguiu dominando o encontro e Santi puido sentenciar poucos minutos despois logo dun doble pase de tacón de Tichu e Luki, pero o ribadense tirou alto. O propio Tichu voltou probar sorte pero de novo Cortés atallou o seu remate.

No minuto 78 o Boimorto tivo unha gran oportunidade para recurtar distancias. Tras un contragolpe, Neto quedou só ante Hugo, pero o remate deste saiu repelido polo pao. A sentencia chegou xa preto do minuto 90 de xogo. Poratti recolle un balón solto no vértice da área e sen deixalo caer, remata facendo o terceiro e definitivo.

O Ribadeo logo do triunfo de hoxe aséntase nos postos de promoción e a vindeira semana o campo do Outeiro de Rei, mentras que o Boimorto queda no décimoterceiro posto e recibirá no seu campo ao Arzúa

Comentarios