O Ribadeo remonta ante o Ordes e sitúase en promoción de ascenso (3-1)

0

O Ribadeo vence ao Ordes e logra o cuarto triunfo consecutivo. Os mariñáns xa son terceiros a tres puntos dos postos dos postos de ascenso directo

Ficha Técnica
RIBADEO FC: Hugo, Rafa, Isma, Pablo Rivas (79′ Aitor), Martín, Jacob, Santi, Tichu, Poratti (67′ Iván), Miguel (50′ Luki) e Criss (87′ Álex).

ORDES SD: Borja, Toño Pozas ()52′ Jonhy), Victor Hervés (84′ Seoane), Álvaro (62′ Munín), Chiño, Ángel, Aguado, Paco, Iñigo (74′ Graña), Lucas e David Suárez.

GOLES: (0-1) 10′ Chiño. (1-1) 11′ Criss. (2-1) 13′ Criss. (3-1) 81′ Martín.

ÁRBITRO: Antonio Domínguez González (Colexio Vigués), asistido por Uxío Caamaño Vázquez e Mohamed Rabi Haboub Oliu. Amonestou aos locales Miguel (29′), Martín (41′) e Criss (75′) e ao visitante Toño Pozas (33′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no Pepe Barrera ante preto de 200 espectadores.

Máis dun mes despois, o Ribadeo FC volveu a xogar de local. Chegaba coa moral polas nubes logo de dúas victorias de prestixio como visitante, na Fontenla ante o Xallas e no Arturo Pereiro ante un rival directo como o Castro.

O encontro de hoxe non era sinxelo. Visitaba o Pepe Barrera o Ordes, un recén descendido da Terceira División, que probablemente está rendindo por debaixo do agardado, pero que na primeira volta endosou a derrota máis sonroxante ao Ribadeo, gañándolle 7-1.

O encontro comezou con ámbolos equipos tentando ter o balón e facerse co control do partido, e con certa tensión no campo, o que fixo que as imprecisións fosen unha constante ao longo de todo o partido. Cando aínda os equipos non estaban ben asentados no terreo de xogo, no minuto 10, unha contra levada por Chiño, a estrela do equipo visitante, remata co tiro deste ao fondo da portería.

A reacción ribadense non tardou nin un minuto en chegar. Nada máis sacar de centro, un balón á área metido por Poratti foi controlado por Criss que de tiro cruzado batiu ao meta rival. Recén acadado o empate, os homes de Fiz Rodríguez saíron en tromba a polo segundo, e tan só dous minutos despois unha gran xogada por banda esquerda levada por Miguel, foi rematada por Criss, logrando a remontada e facendo o segundo na súa conta particular.

Co encontro costa arriba, o Ordes tentou achegarse a área local. No minuto 16, de novo Chiño cun forte tiro desde a frontal puido igualalo encontro, pero a estirada de Hugo desbaratou a tentativa do santiagués, que trouxo en xaque á defensa do Ribadeo durante todo o partido.

A partir do minuto 20 de encontro, o xogo calmouse, sobre todo polo control que exerceu o Ribadeo sobre o mesmo e desapareceron as ocasións de gol. Ata o final da primeira metade tan só Poratti tras un saque de córner de Rafa que sacou a defensa cando o balón se dirixía á porta e Chiño, tras un desconcerto na zaga ribadense que resolveu Hugo, puideron marcar, pero chegouse ao descanso con 2-1.

A segunda metade tivo moito menos fútbol. O Ordes deu un paso cara adiante na búsqueda do empate, pero unhas veces o acerto da defensa local e outras o desatino en ataque dos homes de Iñaki Tembra fixeron que non fose posible. Ata o minuto 58 non se contabilizaron ocasións de gol. Johny, que viña de ingresar no terreo de xogo rematou alto cando estaba só na área.

O Ribadeo quería ter o balón para evitar posibles sustos e amarrar tres puntos que os metesen en postos de promoción, pero as continuas imprecisións dábanlle folgos aos visitantes, que sen facer un bo fútbol, puideron empatar no minuto 74 por medio de David Suárez, pero o seu remate saiu lambendo a escadra.

Co encontro rachado, e o Ribadeo remendando o seu equipo con Tichu de central improvisado pola lesión de Pablo Rivas, nunha falta lateral logrou sentencialo encontro. Rafa Casanova botou o balón a área desde a dereita, o meta Borja non consegue atallar e Martín moi atento empurra o balón ao fondo das mallas.

A partir de ahí, o Ordes desistiu no seu intento por sacar algo positivo e tan só Graña, cun disparo desviado foi quen de tentar recurtar distancias.

A vindeira xornada o Ribadeo visita ao Arteixo na Ponte dos Brozos, rival directo, mentras que o Ordes recibe no seu campo a outro equipo da zona alta, o Arzúa.