O Ribadeo golea ao Sofán e exhibe a súa gran pegada

0
Ficha Técnica
RIBADEO FC: Hugo (76′ Javi Prieto), Rafa, Juanma, Pablo Rivas, Marcos Peña, Iván, Tichu, Santi (67′ Aitor), Poratti, Miguel (51′ Jacob) e Criss (61′ David Rodríguez).

SD SOFÁN: David Pena, Sito, Félix, Iván Rey, Raúl, Luis (64′ Adrián )(65′ Padín), Pablo, Jonathan, Alexandre (55′ Sera), Quintela, e Jacobo Eibe (61′ Matías Navarrete).

GOLES: (1-0) 14′ Santi. (2-0) 50′ Tichu. (3-0) 54′ Criss. (4-0) 75′ Aitor.

ÁRBITRO: Diego Bouza Pena (Colexio de Ferrol), asistido por Miguel Eduardo Orozco Castaño e Tomás Lorenzo Castro. Amonestou aos locales Marcos Peña (34′), Santi (46′) e Juanma (84′) e ao visitante Adrián Quintela (80′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera. 150 espectadores.

O Ribadeo amosou unha gran eficacia e goleou ao Sofán no Pepe Barrera e volve engancharse á zona alta

Ribadeo e Sofán chegaban ao encontro de hoxe no Pepe Barrera cunha gran necesidade de logralos tres puntos. O cadro mariñán, logo de caer derrotado a pasada xornada en Dumbría, non está a lograla regularidade precisa para manterse nos postos de privilexio. Pola súa parte, o Sofán logo dun gran comezo de temporada, está sumido nunha mala racha, incrementada no día de hoxe colleitando a cuarta derrota consecutiva.

O encontro disputado hoxe tivo dúas partes moi diferenciadas. Nos primeiros corenta e cinco minutos, non houbo apenas fútbol. O Ribadeo sempre levou a iniciativa, pero case non creou perigo ante a meta de David Pena. O conxunto de Carballo só chegou á área ribadense no minuto 8 por medio de Quintela, pero o seu disparo saiu desviado.

O Ribadeo na primeira chegada obtivo premio. Criss puxo o balón na área pero o esférico tocoulle na man a un defensa visitante e o colexiado sinalou penalti á instancias do asistente. Santi non errou e fixo o primeiro.

Co marcador a favor, o dominio ribadense medrou, pero non foi quen de hilvanar xogadas de ataque nin de crear perigo. A piques de chegar á media hora de xogo, un centro medido de Rafa, foi rematado de cabeza por Criss pero o balón saiu desviado por pouco. No minuto 36, nunha das mellores xogadas combinativas do cadro local, o colexiado anulou un gol a Miguel ao considerar que estaba en situación antireglamentaria.

A única ocasión clara dos homes de Iván Cancela chegou co tempo xa cumplido. Unha falta ao borde da área, no que o Sofán pediu penalti, foi lanzada por Jonathan, pero o seu tiro saiu lambendo o pao esquerdo de Hugo.

A segunda metade foi moito máis vistosa e con mellor fútbol. O Sofán nos primeiros minutos tentou levar a iniciativa, pero a pegada do Ribadeo marcou a diferencia. No minuto 50, Tichu fixo o segundo cun tiro certeiro desde a frontal da área. No minuto seguinte, Criss puido ampliar a diferencia tras pase de Poratti, pero a seu disparo marchou lixeiramente desviado. Non tardou o focense en anotar o terceiro. No minuto 54 unha gran xogada por banda esquerda entre Santi e Tichu remata co disparo deste último. O rexeite do porteiro foi aproveitado por Criss, que sentenciou o encontro.

O Sofán en ningún momento opuxo resistencia, e non tivo opción de reducir a diferencia. Ao contrario, o conxunto de Fiz Rodríguez chegaba á área contraria con certa facilidade. Marcos Peña puido marcar cunha potente testarada tras una falta sacada por Rafa.

Na seguinte xogada de ataque ribadense chegou o cuarto. No minuto 75, David Rodríguez tras un gran pase de Tichu, tirou a porta, pero o balón moi desviado foi recollido por Aitor que batiu a David Pena poñendo máis terra de por medio.

Nos minutos restantes, dúas galopadas de David Rodríguez e Aitor remataron con dous disparos que incluso puideron ampliar máis as diferencias.

Na vindeira xornada o Ribadeo viaxa ao campo do San Tirso, mentras que o Sofán recibirá nas Eiroas ao Arzúa.