Punto insuficiente para o Ribadeo na búsqueda do ascenso e meritorio para un Residencia que puido gañar na última xogada do encontro.

Ficha Técnica
RIBADEO FC: Hugo, Rafa, Isma, Juanma, Martín (66′ Pablo Rivas), Iván, Tichu, Santi, Poratti, Miguel (54′ Jacob) e Luki (72′ Aitor).

SD RESIDENCIA: Diego, Tebi (75′ Mauro), Álex, Adrián, Borja, Pablo, Yerai (81′ Arturo), Simón (84′ Nando), Meko, Dani Galán e Dieguito.

GOLES: (1-0) 21′ Borja p.p. (1-1) 30′ Meko. (1-2) 55′ Álex. (2-2) 74′ Santi.

ÁRBITRO: Miguel Oliveira Dios (Colexio Pontevedrés), asistido por Pedro Cores Lustres e Borja Moreno Balea. Amonestou aos locales Martín (22′), Poratti (42′), Isma (46′) e Rafa (63′) e aos visitantes Simón (37′), Meko (73′), Tebi (73′), Yerai (79′) e Mauro (80′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Pepe Barrera ante 150 espectadores.

O encontro de hoxe no Pepe Barrera enfrontaba a dous equipos con aspiracións ben distintas. O Ribadeo FC, logo da derrota do pasado fin de semana ante o Polvorín, buscaba non quedar descolgado no seu camiño cara o ascenso de categoría, mentras que a S.D. Residencia, tras cinco encontros sen coñecela victoria, precisaba sumar para non caer en postos de descenso.

Pero na Preferente moitas veces a clasificación non é indicativa do que pode pasar no céspede, e hoxe o Ribadeo non foi quen de desplegar o xogo que ven facendo nesta temporada, e a forte presión do Residencia complicou moito o xogo dos de Fiz, que abusaron dos balóns en longo, e ante a ausencia por lesión de Criss, non tiñan unha referencia clara en ataque. Mentras, os de Álvaro Meilán mantivéronse durante todo o encontro firmes en defensa, en ocasións empregándose ao borde do reglamento.

O encontro comezou cunha clara ocasión para o Ribadeo. Isma puxo un centro medido que Poratti rematou cunha gran volea que saiu fóra por moi pouco. O xogo non tivo un dominador claro, sempre cos locales tentando levar a iniciativa pero co Residencia impedindo a circulación de balón dos de Fiz. Nun roubo de balón de Dani Galán, o mediapunta lucense cun disparo potente desde fóra da área fixo lucirse a Hugo. O Ribadeo respostou na seguinte xogada, nunha contra levada por Luki e rematou cun centro de Poratti rematado de cabeza por Miguel. O remate deste saiu desviado por moi pouco.

No minuto 21 adiantouse o Ribadeo no marcador. Logo dunha gran xogada combinativa, das mellores do partido, o centro de Rafa foi desviado por Borja para dentro da súa portería. A decoración do encontro non trocou logo do gol. Os de Fiz Rodríguez non eran quen de atopar o seu xogo e o Residencia, sen buscalo excesivamente, deu un paso cara adiante na búsqueda do empate.

Rozando a media hora de xogo, un erro de Martín na saída de balón foi aproveitado por Dieguito, que tras entrar na área, cedeu a Meko que rematou lonxe do alcance do porteiro ribadense, facendo o empate. Os locales acusaron moito a igualada, e non foron quen de chegar á meta defendida por Diego ata o minuto 45, cando Tichu enganchou un gran disparo desde a frontal, pero o balón saiu repelido polo pao.

No segundo tempo non variou o guión. A primeira ocasión foi para o Ribadeo, tras un saque de córner botado por Rafa que atopou a cabeza de Martín, pero o seu remate foi desviado por Diego nunha gran intervención. E na seguinte xogada, o Residencia foi quen de darlle a volta ao encontro. Nun envío a área, a zaga ribadense non foi quen de despexar e Álex, que atopou o balón solto conectou un gran disparo para facelo segundo no minuto 55.

A partir de ahí o encontro convertiuse nun monólogo local, pero intentando a remontada con máis corazón que cabeza e non logrando chegar con perigo, malia asediar a área visitante. Tan só Rafa foi quen de inquietar a Diego, pero o seu remate frouxo foi detido sen problemas polo meta lucense. No minuto 74, un claro penalti cometido por Tebi sobre o recén incorporado Aitor supuxo o empate. Santi foi o encargado do lanzamento e o 10 do Ribadeo non errou.

Os locales non se conformaron co empate e no último cuarto de hora lanzáronse a polos tres puntos, e puideron acadalos no minuto 80, cando o disparo de Rafa desde a frontal da área foi despexado por un defensa cando ía directo a gol. Co paso dos minutos, as esperanzas ían minguando, e foi o Residencia quen tivo a ocasión máis clara. Nunha contra, Maura plántase só diante de Hugo, pero o gardameta do Ribadeo, impecable con un contra un salvou o empate para o seu equipo.

A vindeira xornada, o Ribadeo viaxa ao campo do Dubra, mentras que o Residencia recibe na Cheda ao Arzúa.