O Ribadeo derrota ao Arzúa gracias a un cabezazo de Pablo Rivas

0
Ficha Técnica
RIBADEO FC: Hugo, Rafa, Juanma, Pablo Rivas, Marcos Peña, Iván, Santi (83′ Aitor), Tichu, Poratti, Miguel (57′ Miguel) e Luki (62′ Jacob).

CSD ARZÚA: Tasende, Carril, Rucho, Oregón (83′ Mosteiro), Dani Méndez, Enjamio, Diego, Iván, Julián (71′ Parrado), Álvaro e Suso.

GOLES: (1-0) 74′ Pablo Rivas.

ÁRBITRO: Beatriz Cuesta Arribas (Colexio de A Coruña), asistida por Sergio Bermúdez Seoana e Iván Miño Rojas. Amonestou aos locais Iván (65′) e aos visitantes Iván (42′), Rucho (49′), Parrado (85′) e Mosteiro (89′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio ribadense Pepe Barrera ante 200 espectadores. Os dous equipos saíron con camisetas negras en sinal de rexeitamento da violencia machista.

Un certeiro remate de cabeza de Pablo Rivas deulle ao Ribadeo tres puntos importantes ante un Arzúa que se limitou a defender o empate

Partido de altos voos o disputado na tarde de hoxe no Pepe Barrera. O Ribadeo, ferido logo da inoportuna derrota no campo do Escairón recibía ao segundo clasificado, o Arzúa de Javier Montoto, que viña de golear ao Viveiro.

Ambos equipos saíron con camisetas de rexeitamento á violencia machista

Os arzuáns non mostraron a súa mellor versión no día de hoxe. Prácticamente inéditos en ataque e moi desacertados no pase, non foron quen de inquietar a meta ribadense ata preto do final do encontro.

O Ribadeo pola súa parte levou o control do partido desde o primeiro minuto, malia que non se mostrou atinado de cara a porta na meirande parte do encontro. A primeira ocasión do conxunto local chegou no minuto 8, cando Miguel, logo dunha gran xogada colectiva puxo a proba a Tasende, pero este enviou a córner. No saque de curruncho Santi rematou alto de cabeza.

Foron as primeiras ocasións do encontro, e case que as únicas ata superada a media hora de encontro. O Arzúa adicábase a conter os ataques do Ribadeo, pero os de Fiz Rodríguez non eran quen de xerar perigo, ata que no minuto 33, tras un barullo na área, Luki recolleu un balón solto, pero o seu disparo centrado foi detido sen problemas polo porteiro do Arzúa. Moi preto do final da primeira metade, unha falta no borde da área propiciou o único achegamento visitante. Álvaro Varela foi o encargado do disparo pero Hugo, moi ben colocado, detivo en dous tempos.

O segundo tempo transcorreu de xeito moi semellante ao primeiro. O Arzúa daba a sensación que se conformaba co empate, mentras que o Ribadeo tentaba por tódolos medios lograla victoria, e a diferencia da primeira metade tivo ocasións para conseguila.

A primeira chegou por medio de Rafa que disparou alto nada máis reanudarse o xogo. No minuto 53, tras un saque de córner un potente remate de Marcos Peña saiu lixeiramente desviado, mentras que na seguinte xogada Santi probou sorte, pero o seu tiro non atopou portería, ao igual que un potente disparo de Luki desde a frontal da área. Eran os momentos nos que o cadro local se atopaba máis cómodo no encontro, pero non era quen de poñerse por diante.

Co paso dos minutos, o Ribadeo xa con Criss e Jacob no campo, e cun troco de sistema no medio do campo, lanzouse en tromba na busca do gol. Tichu, cun remate de cabeza, tras unha gran xogada entre Santi e Poratti, tivo unha gran ocasión de logralo, pero detivo Tasende o balón. Na seguinte xogada, o Arzúa gozou da única ocasión do encontro para marcar. Tras un roubo de balón en medio campo, Dani Méndez desde o interior da área rematou cruzado, pero Hugo respondeu cunha parada de mérito.

No minuto 74 chegou o único gol do partido. Córner botado maxistralmente por Rafa que atopou a Pablo Rivas, que cun preciso remate de cabeza axustado ao pao adiantou ao Ribadeo. O gol foi protestado polo banquiño visitante tras interpretar que o balón fora empurrado por Tichu na liña de gol en suposta posición antireglamentaria. A colexiada Beatriz Cuesta non o apreciou así e o gol subiu ao marcador.

Co marcador a favor, o Ribadeo adicouse a contemporizalo xogo e enviar balóns longos para que Criss e Poratti ralentizaran o xogo en posicións de ataque. Aínda así, Tichu cun disparo lonxano, a piques estivo de ampliar as diferencias.

O Arzúa non tivo opcións para empatalo encontro. O seu único acercamento, por medio do seu home máis incisivo, Dani Méndez, foi cortado de xeito preciso por Marcos Peña.

A vindeira xornada, o Ribadeo visita o campo do Dumbría, mentras que o Arzúa viaxa ao Saviñao para medirse co Atlético Escairón.