O Verín acusou demasiado as baixas en cedeu na Bomboneira nun partido moi traballado por parte local que empena o ano como remataron o anterior, vencendo. |
REDONDELA F.S.: Naka©, Borja, Dani, Portillo e Jorge -cinco inicial-, Joseillo, Yago, Juan e Varo. VERÍN FS: Fabi, Borja, Diego©, Daniel e Andrés -cinco inicial-, Igor, David, Paco e Yago. GOLES
TARXETAS Amarelas a Borja, Daniel, Diego e Pablo Sarmiento (adestrador) polo Verín, e Juan amarela polo Redondela. COLEXIADOS Jesús Miguéns e Alberto Losada de Pontevedra, nun bo arbitraxe. INCIDENCIAS Pouca xente para o primeiro encontro do 2015. |
Comenza este 2015 como rematou o 2014, sumando tres puntos, e novamente, moito traballo para conseguilo. Números extraordinariamente bos, para os redondeláns, que fan que sa enfrontados a todos os seus rivais, consolídense na terceira praza, incluso cun pequeño colchón sobre seus perseguidores, xa que a xornada deparou moitas sorpresas.
Verín presentouse na Bomboneira con demasiadas baixas, e co paso dos minutos, a falta de recambios, e o ritmo constante imprimido polos locais, fixo que na segunda metade o encontro se lle puxera moi costa arriba. Ainda así o gol de Varo no minuto sete de encontro sería o único ata que a falla de pouco máis de minuto e medio para o final Dani dera certa tranquilidade os redondeláns. Pero non sería así e nunha boa combinación co porteiro xogador na pista, o Verín recortaba e metía o medo no corpo cando faltaban vintesete segundos, pero doce máis tarde, un excelente pase de Yago era definido con moita calidade por Jorge, que pechaba o marcador no definitivo 3-1.
Espérase unha segunda volta moi entretida, a vista do inicio Sala Ourense e Mos pelexaran polo título, pero botando un vistazo a última xornada, que nadie se durma, porque os equipos avisan de que todos poden gañarlle a todos, nunha Liga Gallega, do máis igualada das últimas tempadas. Esta semana non haberá xornada para o Redondela, desputaránse dous encontros aplazados, para retomar a competición o sábado 24, outra vez coma locatarios, rende visita o Lume Bamboo KrugNaval.