O Redondela convence pero non vence, 3-1 ante un reforzado Leis

0

 

Bo encontro o disputado no Pavillón de Montecarrasco por ambos equipos, un Leis Marcón, reforzado polos xogadores do primer equipo de categoría Nacional, ante un Redondela que mereceu mellor sorte, e polo menos cambiou a imaxe da semana pasada.

 

LEIS MARCÓN FS: Gastón, Álex, Iván, Míchel, Samuel-cinco inicial-, Miguel, Guillermo, Álvaro e Rubén

REDONDELA FS: Iván, Portillo, Joseillo , Juan, Dani- cinco inicial-, Jorge, Varo, Yago e Tizón

GOLES:

1-0

Minuto 25

Manu

2-0

Minuto 29

Miguel

2-1

Minuto 33

Joseillo

3-1

Minuto 40

 Manu

 

TARXETAS: Amarelas a Juan e Portillo polo Redondela.

COLEXIADOS: Alberto Losada e David Álvarez de Pontevedra.

INCIDENCIAS: Boa entrada. Gardouse un minuto de silencio polos fallecidos no accidente de avión nos Alpes.

 

 

Ambos equipos pelexaron sobre todo na primeira parte, pola posesión do esférico, exceso de circulación, e moi pouca verticalidade, os locais só farían un tiro a porta neste tempo, mentres os redondeláns terían un par de chegadas con perigo, pero sempre dando mostras de ter un pouco máis preto o gol.

A segunda parte, quizá polo cansancio, alocouse un pouco, e isto beneficiou os locais, que nunha xogada de extratexia e nun contraataque, porianse cun 2-0, que facía cos visitantes estiraran suas liñas. Joseillo daríalle emoción o encontro co 2-1. A falla dun minuto, tentarían sorte co porteiro xogador, pero unha boa defensa local impediría calquer ocasión, xa co encontro rematado, un balón impulsado de campo a campo, entraría na portería visitante para que co reloxo a cero, o marcador reflexara o definitivo 3-1.

 

JULIO MOUGÁN CESA COMO PRESIDENTE

Julio Mougán, ata gora Presidente do Club Redondela Fútbol Sala, cesa no seu mandato por incompatibilidade laboral con novos proxectos adquiridos nas últimas datas. Nembargantes, manterá sua labor de educador nos equipos Benxamín “B” e Benxamín “C” das categorías inferiores do club, así como a de adestrador do equipo senior de Liga Gallega, ambas, ata final de tempada.

DSC09451

 

En verbas do expresidente “as rutinas e dinámicas de traballo que nestes momentos ten o club, impídenme adicarlle o tempo que ata agora dispoñía, polo tanto, é un momento bo, para pouco a pouco, neste final de tempada, onde a carga de traballo é menor, redistribuir as funcións, e sobre todo, empezar a diseñar a tempada 2015/2016”.

 

O clube, quedará agora formado por unha comisión xestora de traballo, encabezada pola xunta directiva actual, e anunciarase nos próximos días, a incorporación de novos membros, así como a sua nova constitución, para ao menos, rematar o mandato actual do que se leva consumido a metade dos catro anos.