O Polvorín golea ao Ribadeo e abre brecha na carreira polo ascenso

0

Triunfo claro do Polvorín ante un Ribadeo que coñece a derrota tras máis de dous meses sen facelo

Ficha Técnica
POLVORÍN, SD: Cacharrón, Asier, Pablo Rey, Pedro, Óscar Rivas, Marcos (66′ Delgado), Escriche, Luis Díaz, Cuadrado (78′ Manu Mariña), Javi Rey (85′ Facu) e Coqui (55′ Manu Núñez).

RIBADEO FC: Hugo (86′ Javi Prieto), Rafa, Juanma (82′ Pablo Rivas), Martín, Marcos Peña, Iván, Tichu, Santi (77′ Jacob), Poratti, Luki (65′ Isma) e Criss (10′ David Rodríguez).

GOLES: (1-0) 3′ Cuadrado. (2-0) 66′ Escriche. (3-0) 84′ Javi Rey.

ÁRBITRO: Héctor Castiñeira Blanco (Colexio de A Coruña), asistido por Eric Vázquez Veiras e Manuel Iglesias Bazarra. Amonestou aos locales Pablo Rey (26′), Javi Rey (27′), Pedro (56′) e Escriche (61′).

INCIDENCIAS: Partido disputado no estadio Anxo Carro. Gran afluencia de público.

Partido de altos voos o disputado hoxe no Anxo Carro entre Polvorín e Ribadeo. Un esceario de luxo para un dos mellores encontros que se poden ver na Preferente Norte.

Tanto un equipo como o outro chegaban ao choque no mellor momento da temporada. O Polvorín en postos de ascenso, pisándolle os talóns ao líder e o Ribadeo en promoción logo de dous meses sen coñecela derrota.

O encontro comezou de cara para os de José Durán. Aos 3 minutos, un erro na saída de balón dos mariñáns foi aproveitado por Cuadrado, que tras desfacerse en velocidade de Martín bate por baixo a Hugo cun certeiro remate. Co marcador a favor, o Polvorín atopouse moi cómodo nun campo que lle encaixa á perfección co seu estilo de xogo.

Malia todo o Ribadeo puido lograla igualada no minuto 8 tras un gran pase de Santi a Luki, pero o remate cruzado deste foi detido de xeito espectacular por Cacharrón.

O Polvorín mantivo o control do partido e puido ampliar diferencias por medio do seu killer Cuadrado, desta vez tras un centro de Javi Rey, pero o seu remate saiu lambendo o pao. Do Ribadeo en ataque tan só cabe destacar un remate alto de Marcos Peña tras un saque desde o curruncho.

A calidade individual dos xogadores do filial do CD Lugo é absolutamente diferencial nunha categoría como a Preferente, podendo ver no encontro de hoxe xogadas combinativas entre Luis Díaz, Javi Rey, Dani Escriche ou Cuadrado propias dunha liga superior. O bo facer da zaga visitante desbaratou chegadas con moito perigo do Polvorín.

O segundo tempo foi un monólogo dos locales. Tan só un disparo aos dous minutos da reanudación de David Rodríguez inquietou mínimamente a meta defendida por Cacharrón.

A partir de ahí, completo dominio do equipo dirixido por Durán. Coqui puido logralo segundo tran unha boa xogada individual pero o seu tiro marchou fóra. Pero pouco despois, unha contra perfectamente levada por Javi Rey rematou co tiro de Escriche que fixo o segundo.

Os últimos vinte minutos o Ribadeo tentou dar un paso adiante subindo a liña de presión, pero o poderío físico dos locales impúxose e no minuto 84 chegou o derradeiro tanto. Foi nunha xogada combinativa en banda esquerda na que Pablo Rey gañou a liña de fondo e cedeu para que Javi Rey fusilase a Hugo.

Así con este resultado, o Polvorín distancia en oito puntos a un Ribadeo que ve así truncada a gran racha coacque chegaba ao encontro de hoxe. Os lucenses visitan na próxima xornada o campo do Arzúa, mentras que os de Fiz reciben no Pepe Barrera a SD Residencia.