O Poio Pescamar proclámase campión da Copa Galicia de Fútbol Sala (4-5)

0
O Poio Pescamar derrota ao Pescados Rubén Burela nunha final de infarto, 4-5. O Burela empatou a falta de 20 segundos e o Poio marcou o quinto tanto sobre a bocina.
O Poio foi superior na primeira metade e parecía ter gañado o partido cando a marinense Ceci, que xogaba na casa, poñía o 1-4 no marcador a falta de 9 minutos para o final, pero nin Alfred Hitchcock tería escrito un guión como este para unha final. O conxunto burelense xa arriscara con porteira-xogadora na primeira metade, pero non lle saira demasiado ben a aposta; repetiu na segunda metade e agora sí acadou o obxectivo.
Jenny marcou o segundo e Danny fixo o terceiro para darlle esperanzas aos seus afeccionados. E xa no último minuto, cando restaban 20 segundos, de novo Danny poñía o empate. A prórroga parecía irremediable, pero o guión aínda tiña reservado un final pletórico para o Poio. Última xogada do partido. Córner a falta de 2 segundos e houbo tempo para o gol de Jenni sobre a bocina. Un gol que lle daba ao equipo dirixido por Marcio Santos o título en esta magnífica Copa Galicia que se disputou con éxito en Marín e que foi a primeira baixo a tutela da Real Federación Galega de Fútbol.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba; a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e representantes dos clubs finalistas entregaron as medallas e os trofeos aos equipos finalistas tanto na Mini Copa como na Copa Galicia.
FUTGAL