O pivote Eto’o tamén sela a súa continuidade no Pescados Rubén

0

O pivote Lucas Miguel Pereira da Silva, máis coñecido como Eto’o, selou a súa continuidade co Pescados Rubén Burela FS para 2020-21. A proxección do brasileiro, que recalou nas filas laranxas na aposta de reconversión invernal da entidade laranxa contribuíndo con minutos tanto en liga coma en Copa Galicia, convértese na segunda renovación do equipo, tras a do meta M. Kaluza.

Co 16 burelista, xa son oito as caras coñecidas coas que o cadro mariñán volverá gozar da máxima categoría e entre os mellores equipos, avalado polo internacional polaco baixo paus, o pichichi laranxa Matamoros, os alas Álex Diz, Renato e Iago Míguez, o peche Lucho e o ala-pívot Pitero.