O Pescados Rubén Burela FS viuse abocado a dirixir escrito á LNFS comunicando a súa baixa na asociación con efectos do 30 de xuño.

Accións xudiciais da LNFS non consensuadas cos clubs membros levaron á RFEF a asumir as competencias organizativas da Liga, motivo polo cal o obxecto da asociación conforme aos seus estatutos queda baleiro de contido.

Tras a baixa na LNFS, o club recupera para todos os efectos os seus dereitos de imaxe e TV que cedera durante esta tempada baixo as premisas de organización da competición e de pertenza á LNFS .