Esta fin de semana o Peleteiro Hyupersa Santiago, tocáballe visitar o pavillón de A Raña en Marín para medirse ao Suministros Rodríguez Marín Peixegalego pero debido ás restricións do Concello de Marín ante o Covid as locais aínda non puideron disputar ningún encontro desta tempada na súa casa.

Por esta razón puxémonos de acordo ambos os clubs para cambiar a orde de partido e esta sétima xornada disputarase en Montouto o martes 8 ás 19:00.

As de Marín, novas na categoría coma o Peleteiro, chegan ao partido con so dous encontros disputados, ambos fóra da súa casa: diante do Arxil de Pontevedra e en Ourense diante do Carmelitas.

En ambos os encontros as de Marín, aínda que non puideron facerse coa vitoria, deron unha moi boas sensacións e vese como pouco a pouco vanse facendo á categoría. O Peleteiro tras a derrota diante do Carmelitas, a pasada fin de semana en Ourense, chegan a este encontro coa intención de volver a pelexar polo encontro e manter así as boas sensacións deste inicio de tempada no que foron capaces de competir todos os encontros levando ata o momento un balance de 3 vitorias e 3 derrotas.

O encontro, como todos os desta tempada, poderá seguirse o martes a partir das 19:00 pola nosa canle de Youtube:

https://youtu.be/RhUaZdyWbbg