O partido UD Ourense vs Bande de Copa cambia de data

0

 

O partido de Copa Deputación que ía enfrontar a Unión Deportiva Ourense e ao Bande o venres 6 de xaneiro ás 17,30 horas no campo de O Couto cambia de data, pasando a xogarse o sábado 25 de febreiro en horario todavía por determinar.
A causa deste cambio é a negativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a que o partido se dispute ás 17,30 horas do 6 de xaneiro debido á necesidade de encender a iluminación artificial.
Dende a Unión Deportiva Ourense agradecen á S.D.Bande a súa colaboración e conformidade ao citado cambio.