O Parrulo, primeiro rival dunha semana de dobre esixencia para o Burela

0

Arranca unha semana de dobre esixencia para o Pescados Rubén Burela FS, que volverá saltar mañá ao parqué de Vista Alegre, co Parrulo FS como rival de oitavos de Copa do Rei. O duelo irmandiño da eliminatoria comezará ás 20.30 horas e a liga, como segunda parada coa xornada 18, terá que agardar ata o domingo, co desprazamento á pista do Levante UD FS (Paterna, 12.00 horas).

Os de Juanma Marrube pelexarán por continuar na Copa nun envite a partido único fronte aos ferroláns, que recalarán na Bomboneira cun pulo de moral despois da importante vitoria en duelo directo na liga, con 5-2 ante o Servigroup Peñíscola.

Os últimos enfrontamentos caeron do lado do Parrulo, co galardón do Burela Bonita en pretempada tras impoñerse aos laranxas (3-4) e ao Palma (3-2) e cun marcador enganoso en competición regular, na Malata (4-1). No entanto, o Pescados Rubén Burela tamén chega con boas vibracións, tras o importante empate fronte ao Osasuna Magna (2-2); os mariñáns despregaron unha das súas mellores versións dende o comezo de tempada e así chegan, coa sensación de ser máis equipo ca nunca, para plantarlles cara aos ferroláns.

O último adestramento antes do duelo será mañá ás 11.15 en Vista Alegre. Poderán volver formar parte da convocatoria os xuvenís Quelle e Renato Rodrigues; ademais regresa Renato Lopes tras o partido de sanción.

 

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato, 14. Pope, 17. Quelle, 18. Renato Rodrigues, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza

A venda anticipada de entradas estará dispoñible ata o martes, ás 14.00 horas. A taquilla abrirase ás 19.30 horas.

 

Gratuíto: Ata 5 anos (recollida de entrada en taquilla)

Menores NON soci@s: 5 euros

Menores soci@s: 1 euro

 

Adult@s NON soci@s: 12 euros

Adult@s soci@s: 3 euros

 

A eliminatoria de oitavos disputarase entre o martes 14 e o mércores 15:

C.D. ATLÉTICO MENGÍBAR – JAÉN PARAÍSO INTERIOR
REAL BETIS FUTSAL – C.D. UNIVERSIDAD DE MÁLAGA
PESCADOS RUBÉN BURELA – O PARRULO FERROL
C.B.D FÚTBOL SALA TALAVERA – MOVISTAR INTER
JIMBEE CARTAGENA F.S. – EL POZO MURCIA F.S.
SERVIGROUP PEÑÍSCOLA – LEVANTE U.D. F.S
HOSPITALET BELLSPORT F.S. – F.C. BARCELONA
INDUSTRIAS SANTA COLOMA – OSASUNA MAGNA