O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela

Na regata, incluída na Copa Deputación, participarán medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia.

0
Presentación da XXIII Concentración de Escolas de Velas - Copa Deputación de Vela en Castrelo de Miño. Asisiten a presentación Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense), Cesar Fernández Gil (VicePresidente da Deputación Ourense), Avelino Pazos Pérez (Alcalde de Castrelo de Miño), Manuel Pérez (Xefe de Deportes da Xunta en Ourense), Manuel Villaverde Fernández (Presidente da Real Federación Galega de Vela), Beatriz Alberte Castiñeiras (Presidenta de Clube Náutico de Castrelo de Miño), Gabriel Fernández Vázquez (Técnico do Clube Naútico de Castrelo de Miño).

Ourense, 2 de setembro.- O Parque Náutico de Castrelo de Miño reunirá desde hopee xoves, día 2, e ata o sábado día 4 a medio centenar de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia na XXIII Concentración de Escolas de Vela, regata incluída na Copa Deputación desta modalidade. A proba foi presentada hoxe no Pazo Provincial polos vicepresidentes da Deputación, Rosendo Fernández e César Fernández, este último tamén como responsable de cooperación para os asuntos do Ribeiro; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; e a presidenta e o director técnico do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte e Gabriel Fernández. 

 

A regata, que ten programadas nove probas, está limitada ás clases «Optimist» e «Optimist Escola», esta última para deportistas noveis. Haberá un total de nove premios que se dividen en trofeos para os tres primeiros clasificados individuais en ambas as dúas categorías e para os tres primeiros clubs clasificados na categoría «Optimist Escola». 

 

A organización subliñou que non só manterá un estrito protocolo de seguridade fronte a Covi-19, senón tamén para evitar a introdución de especies invasoras nas augas do encoro, como o mexillón cebra, polo que todos os participantes deberán realizar un completo proceso de desinfección de todas as embarcacións e  material a utilizar.