Foto: Carlos Domarco

O Pabellón CF visita este sábado dende as 16:00 horas ao Racing de Ferrol, rival directo na loita por a permanencia na categoría. Os ourensáns chegan a cita tras caer no campo de Os Remedios (0-1) contra o CD Calasanz, nun partido que se decidiu cun gol visitante no primeiro terzo do segundo tempo, por idéntico resultado caerán a xornada anterior ante o Choco en Redondela.

Os branquiverdes levan 4 goles a favor e 10 en contra (7 ante o RC Celta) en 5 partidos de Liga, o que lle vale para ser oitavo na táboa con 4 puntos, dous máis ca o Racing que leva un partido menos tras adiar o seu encontro ante o RC Celta por COVID ao próximo día 8 de nadal.

O Pabellón CF viaxa a Ferrol coas baixas de Yago, expulsado ante o Calasanz, e Civile por lesión, ademáis Aaron e José Ramón son seria duda.

Resto da xornada

RC Deportivo   –      CD Choco

Ural CF              –      RC Celta

CD Calasanz     –      Conxo Santiago

CD Lugo            –      ED Val Miñor