O Ourense Rugbi vence en Lugo

    0

     

    Non foi doado, pero o Campus que viña de vencer claramente o Mareantes, non puido mais que gañar pola mínima a un correoso equipo lucense, que é o mais duro da competición, segundo vemos nestas tres xornadas disputadas.

    E que os homes de Monreal, que so fixo 3 cambios, fixo todos os deberes na primeira parte; coa gasolina a tope, e o osíxeno nos pulmóns, caeron tres ensaios, con so dúas das tres  transformacións posibles. Os ensaios nos minutos 3, 9 e 14, lastraron os homes  de Artai ata que o final da primeira parte, dous ensaios lucenses daban esperanza os da Muralla chegando o descanso cun 10 a 19, que deixaba o marcador aberto.

    Na segunda, o equipo local, conseguiu unha nova marca xa no minuto 59, que o non transformar a paos, igual cas dúas da primeira parte, deixou a contenda a prol dos ourensáns, que levan pleno de vitorias, dúas de dúas.

    Esta semana, o Ourense xogará de novo a domicilio, ante  Santiago e Muralla recibe no seu feudo a Barbanza.

    Xogaron.

    Polo Muralla: Ernesto, Mariano, Pedro, Pablo, Javier, Manuel José, Tomás Ignacio, David, Otero, Noé, Rafael, Joao, Antón, Kelvin e Javier Cambios: Jorge Daniel, Angel, Miguel, Luís Mariano, Alfonso Sen Minutos: Pablo, Juan Jesús y Jon

    Por Ourense: Rey, Samuel, Cesar, Bruno, Antonio, Abraham, Óscar, Ruben, Martín, Brais, Aser, Álvaro, Matteo, Martin y Ezequiel Cambios: Luís Miguel, Jesús y Santiago. Sen Minutos: Raúl, Adrián, Ángel y Julio César.

    Foto: Cortesía de Alfredo Fernández.