[alert type=”danger”]

Arosa SC: Roberto Pazos, Vitra, Marcos, Rivas, Sidibé, Óscar Iglesias, Yerai (Sylla, min 72), Manu Justo (Nacho, min 82), Javi Pazos, Julio Rey y Seva (Suso, min 77).

Ourense CF: Michi; Geno, Pablo Andrade, Juanma, David Castro, Fondevila, Martín Lamelas (Alberto, min 89), Víctor Gallego, Ibou (Edu Otero, min 71), Renan Zanelli y Adrián Presas (Senén, min 60).

Goles: 1-0, min 21, Javi Pazos. 1-1, min 30, Renan Zanelli. 2-1, min 49, Manu Justo. 2-2, min 86, Renan Zanelli.

Árbitro: Expulsou, con doble amarilla, o pontino Geno (min 59). Amonestou, no cuadro local, a Marcos, Yerai y Sylla e no equipo ourensá, a David Castro, Edu Otero, Senén y Fondevila. 

Incidencias: primera xornada da Liga de Terceira División no Grupo I disputado na Lomba ante unha moi boa entrada.

[/alert]

 

A primeira media hora de encontro foi prácticamente un monólogo dos arlequinados, decididos a dar boa imaxe ante o seu público. O Ourense CF presionaba arriba por medio dos seus dous dianteiros, pero os de Vilagarcía conseguían armar o seu xogo e controlar o partido.

No minuto 2 avisou Javi Pazos cun testarazo que se foi fóra por moi pouco. Dez minutos despois, o capitán P. Rivas dispuxo doutra boa ocasión aproveitando un balón solto na área que enganchou a media altura e enviou por riba da portería de Miguel Varela.

No minuto 20, un disparo de Julio Rey desde a frontal é interceptado polo brazo dun defensor. Desde os once metros, Javi Pazos marcou o primeiro gol da temporada, 1-0. O Arosa atopábase cómodo e mesmo puido aumentar o marcador por medio do letón Seva, pero Miguel evitou o segundo. Á media hora de xogo o Ourense CF lanzou o seu segundo córner do encontro. Nesa xogada, na disputa do balón, Marcos arrollou a Renan Zanelli. O colexiado sinalou o punto de penalti e o propio futbolista brasileiro estableceu o empate.

 

Tras o descanso os de Otero saíron con ímpeto e decididos a gañar o encontro. Antes de que se cumplise o primeiro minuto do segundo tempo, un bo centro de Julio Rey á cabeza de Javi Pazos non se convertiu no segundo tanto local por moi pouco. Ese segundo tanto chegou tan só 3 minutos despois cando Manu Justo anotou de forte disparo desde fóra da área.

A continuación chegaron os mellores minutos dos de Vilagarcía. Yerai estivo a piques de establecer o 3-1 cando rematou ao pau, tras unha bonita triangulación con Javi Pazos e Julio Rey, taconazo incluido. Un balón en profundidade de Julio Rey para a galopada de Seva provocou o segundo o cartón amarelo para Novoa.

O Arosa dominaba o partido pero o tempo corría e non pechaba o encontro. Nos minutos finais o Ourense adiantou liñas e atopou petróleo nunha acción illada. Minuto 85, balón parado a favor dos visitantes. Tras varios rexeites a bola cáelle a Zanelli que fusila a Roberto Pazos coa perna esquerda, 2-2. O Arosa aínda tivo unha ocasión de salvar o encontro no tempo engadido, pero o forte zurdazo de Julio Rey bateu no poste.

 

A próxima semana o Arosa SC visita Negreira e o Ourense CF recibe o Alondras.

 

Fonte e foto: Arosa SC

Comentarios