O Open de tenis de Ourense, cancelado durante as festas pola choiva, celebrarase do 10 ao 14 de xullo

Unha vintena de deportistas participarán, nas instalacións do Club Santo Domingo, nun torneo puntuable para o circuíto nacional. Os partidos serán a partir das 18:30 horas con entrada libre e de balde.

0

O Torneo Nacional Ourense Open 2018, previsto na programación das Festas de Ourense e cancelado polas condicións meteorolóxicas adversas, desenvolverase finalmente entre o 10 e o 14 de xullo nas pistas do Club Santo Domingo. Trátase dun campionato homologado pola Federación Española de Tenis e, polo tanto, puntuable para o ránking nacional

Actualmente, hai unha vintena de tenistas inscritos, “os mellores xogadores galegos do momento e outros de fóra de Galicia”, segundo a organización. Os partidos xogaranse a partir do martes 10 de xullo pola tarde, a partir das 18:30 horas, con entrada libre e gratuíta ao torneo.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a final disputarase o sábado 14 ás 18:30 h.