O Obradoiro Silleda visitou a pista dun rival sempre duro, como é o Calvo Basket Xiria de Carballo, na segunda xornada da Liga EBA, partido ao que ambos conxuntos chegaban coa súa primeira vitoria.

O encontro comezou cun equipo obradoirista coas ideas moi claras en ambos lados da pista, conseguindo os primeiros parciais a pesar da falta de acerto exterior. Sen embargo, co paso dos minutos e cos problemas de faltas, o Calvo Basket Xiria foi capaz de engancharse de novo ao encontro e rematar o primeiro tempo cunha lixeira vantaxe no marcador.

No segundo cuarto, o Obradoiro Silleda sufriu uns minutos de precipitación e desacerto, pero foron capaces de arranxalo e lograr unha pequena renta nos derradeiros instantes do cuarto, para irse ao descanso cunha vantaxe de sete puntos (35-42).

Tras o paso polos vestiarios, parecía que se repetía a dinámica: unha gran saída dos obradoiristas foi respostada ao pouco tempo polos de Carballo. Foi un período de igualdade e tensión que fixo que o partido se tivese que decidir nos derradeiros dezminutos.

Foi entón cando os obradoiristas atoparon o seu mellor nivel, con algo máis de claridade nos minutos finais, co acerto que lles faltara anteriormente para romper o encontro nos instantes finais e certificar a súa segunda vitoria da tempada, por un 62-75 final.

Os parciais por cuartos foron: 19-17, 16-25, 16-14 e 11-19.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (2), G. Jofresa (5), B. Losada (11), M. López (-), Sigvaldi Eggertsson (20), V. Villadoniga (2), M. Fernández (10), P. Sendra (-),
M. Paz (2), A. Sow (8), J. Cal (11) y G. González (2).

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, a partir de las 17:30 horas, en el pabellón César González Fares de Silleda, a un dos principais favoritos do ascenso: o Aquimisa Carbajosa de Salamanca.

Nota de prensa del Monbus Obradoiro