O noso equipo M16 é subcampión da Liga Galega de Rugby.

    0
    O domingo 24 de abril disputouse unha nova final Vigo-Pontevedra, no CUVI.
    Foi un gran partido, complicado pola climatoloxía, que fixo caer moitos balóns, e foi lenta na primeira metade, parte na que os vigueses foron moi superiores técnicamente. Xa na segunda, as nenas e nenos do PRC sacaron un carácter incrible e puxeron as súas virtudes por riba.
    Foi unha parte moi igualada e cun dominio do noso equipo. A vitoria, merecida, foi para Vigo.(24-5) De Vigo salientar que leva anos facendo un gran traballo de adestramento e que ten un equipo M16 moi talentoso, que xoga moi bo rugby e que é un orgullo que o único equipo que foi quen de poñerlles en problemas esta tempada sexa o noso.
    O equipo do Pontevedra Rugby, subcampeón galego, é un equipo con moito potencial e moito futuro. Impresionante xeración da que imos gozar.
    Seguimos traballando, agora máis e mellor!
    FOTO E TEXTO: PRC rugby Clube