O Nike Strike Team novo balón oficial do fútbol galego

Novo balón oficial do fútbol galego O novo Nike Strike Team presenta un deseño exclusivo da RFGF Este será o único balón que se poida comprar a partir de agora pero sí se permitirá xogar cos anteriores balóns oficiais

0

 

A Real Federación Galega de Fútbol chegou a un acordo con Nike para modificar e mellorar o balón oficial do fútbol galego, todo co obxectivo de ofrecer aos equipos o mellor produto posible a un prezo moi razoable.

A uificación do balón de xogo foi moi ben recibida polos clubs desde a súa posta en marcha hai xa tres anos, pero na súa búsqueda de ofrecer sempre o mellor servizo, a Federación traballou con Nike co obxectivo de mellorar a calidad do balón, obxectivo que se consegue co este novo esférico que se estrea esta temporada. Un balón cun deseño exclusivo para o fútbol galego, co escudo e as cores da Real Federación Galega de Fútbol: o NIKE STRIKE TEAM.

«O balón de fútbol Nike Strike Team presenta un deseño resistente e ofrece un rendemento excepcional no campo grazas aos seus doce paneis, que dotan ao balón dun voo preciso. Conta con ranuras Nike Aerowtrac para mellorar a estabilidade no voo, cun estampado Visual Power que facilita o seguimento do balón e cunha cámara de butilo para reter o aire e conservar a forma e cunha cuberta texturizada que proporciona un toque óptimo», explican os responsables da marca.
No balón tamén se introduciron melloras nos materiais para ofrecer un tacto máis suave e limpo á hora do seu golpeo. Ademais, o xogo será moito máis fluído tanto en terreos secos como húmidos, pois o novo balón está deseñado para adaptarse perfectamente a calquera condición meteorolóxica.
No que se refire á cor, o novo balón do fútbol galego presenta tonalidades azuis que axudan a visibilizar o seu xiro e a súa traxectoria. O azul está combinado con cores brancas e vermellas.

 

CARACTERÍSTICAS DO BALÓN OFICIAL


Nike Strike Team

  • Diseño de 12 paneis para un coo preciso e auténtico do balón.
  • Rañuras Nike Aerowtrac para mellorar a estabilidade no voo.
  • Estampado Visual Power que facilita o seguimento do balón.
  • Cámara de butilo para reter o aire e conservar a forma.
  • Cuberta texturizada que proporciona un toque óptimo.
  • Composición: 60% Rubber, 15% Polyurethane, 13% Polyester, 12% Eva
  • Tallas dispoñibles: 4 e 5.