O Memorial Manolo Arnoya reunirá este sábado no campo do Seixo unha mostró do mellor fútbol galego xuvenil

O campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo, acollerá este sábado 25 de agosto a décima edición do Memorial Manolo Arnoya de fútbol xuvenil, que contará coa participación dos equipos Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Club Deportivo Lugo e Ourense Club de Fútbol.

0
sdr

No salón de plenos do Concello de Ourense tivo lugar a presentación deste tradicional certame, na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, Mario Guede, concelleiro de deportes, María Jesús Colmenero, presidenta e Pablo González, tesoureiro, da directiva da Sociedade Deportivo Cultural Arrabaldo, Miriam Vázquez, filla de Manolo Arnoya, e Bernardino González, en representación da Deputación de Ourense.

Un ano máis o memorial reúne aos equipos galegos que compiten nas máis altas categorías no fútbol español xunto, nesta edición, ao Ourense Club de Fútbol, que obtivo a clasificación na fase previa que se disputou a pasada fin de semana.

O alcalde felicitou a organización e entidades colaboradoras por organizar este evento que será, dixo ”unha boa ocasión para gozar co fútbol e ao tempo reivindicar a figura dun home tan querido e inesquecible como Manuel Vázquez Pérez, Manolo Arnoya, cun torneo atractivo que xa é referente en Galicia”, polo que animou a público a acudir a presenciar este sábado o torneo.

Ao longo da mañá xogaranse as semifinais:

  • RC Celta de Vigo – Ourense C.F. ás 10:00 horas
  • RC Deportivo – CD Lugo ás 12:00 horas

Pola tarde xogaranse:

  • Terceiro e cuarto posto, ás 17:00 horas
  • Final, ás 19:00 horas