O Marín Peixegalego recibe este sábado ao Afanion Almansa

0

O Marín Peixegalego recibe este sábado ás 20.00 horas no Pavillón da Raña ao Afanion Almansa, escadra recén ascendida á LEB Ouro, ao igual que cadro de Marín. A escadra Javi Llorente acode á cita coa baixa xa coñecida de Alex Mazaira, que traballa co grupo á espera de obter a próxima semana a alta médica que lle permita incorporarse ás convocatorias do plantel. Ademais, o conxunto ten a dúbida do dominicano Joel Hernández, que sufriu unha escordadura de nocello na sesión vespertina do mércores e traballou a menor ritmo durante as últimas sesións semanas por precaución.

O Peixegalego ten a intención de obter un triunfo, o segundo da temporada, que rache coa mala xeira de resultados negativos, que ascende a cinco consecutivas, o que acarrexa un balance de triunfos derrotas de 1-11. A escadra marinense pretende revertir as malas sensacións que lle deixou o partido contra o Força Lleida, no que non estivo ao nivel que levaba mostrando nas semanas anteriores.

O preparador leonés do cadro pontevedrés agarda un encontro de baixa puntuación para poder competir cun rival que se atopa nunha dinámica positiva, despois de conquerir tres triunfos consecutivos como local que o afastan da zona de descenso e o colocan na decimo cuarta posición da liga, cun balance de 4-8.

O triunfo contra Huesca deu pulos e confianza a un bloque que ten o obxectivo da permanencia. Nicola Cvetinovic destaca no apartado anotador dos albaceteños (noveno máximo encestador da liga con 13,83 tantos por encontró) e Rowell Graham no aspecto rebotador (7,37 capturas por envite colócano no sétimo lugar nese apartado estatístico).

O momento da temporada é clave para a escadra da Raña, que espera ter o apoio da bancada para superar as barreiras que lle poña un rival en fase de crecemento e engancharse á pelexa pola permanencia.

Será o primeiro partido para Javier Llorente despois de obter o recoñecemento por parte de Diario de Pontevedra a través do seu evento polideportivo HQR! como mellor adestrador do ano.

Nota de prensa del Marin Peixegalego