O Marín Peixegalego despide mañá (20.00 horas, A Raña) o ano co seu partido contra o Liberbank Oviedo.

Javier Llorente poderá disponer de tódolos seus efectivos para medirse a un adversario que se atopa con problemas na clasificación. O adestrador leonés confía en poder recuperar a Filip Toncinic, que onte se reincorporou ao colectivo despois de superar unha microrrotura muscular que lle impediu disputar o partido da semana anterior contra o Tau Castellò. O bloque de Marín afronta esta cita cunha ilusión  renovada grazas ao triunfo obtido á beira do Mediterráneo, o pasado venres.

O cadro azul intentará impoñer o seu ritmo de xogo para superar a un adversario que realizou algúns trocos no plantel nos últimos tempos para superar as dificultades clasificatorias polas que atravesa.

Durante os primeiros dous meses de competición producíronse as baixas de Tre Coggins e Gunnar Ólafsson, mentres que o club incorporou ao escolta Davis Geks e ao base Jorge Sanz, un clásico da LEB Oro. O lituano Rolandas Jaktas e Alejandro Reyes son os claros referentes da escadra aasturiana, máximos encestadores e homes máis valorados do colectivo. A vitoria contra o Granada (82-81) de hai tres xornadas foi o último éxito conseguido polo colectivo dirixido polo porriñés Javi Rodríguez.

Para este encontro, a directiva do Peixegalego invitou a clubes do entorno para despedir o ano desde as bancadas da Raña coa fin de que poidan axudar ao equipo marinense no seu obxectivo de acadar a terceira vitoria do curso.

No caso de obter o triunfo, o Peixegalego volvería meterse de cheo na batalla pola permanencia. Ese feito e a ilusión xerada pola vitoria contra o Castellò son dous acicates que alimentan ao plantel, que subiu o nivel da calidade dos adestramentos nas últimas semanas.

Nota de prensa del Marín Peixegalego