Foto: Rafa Fariña

O Levitec Huesca será o quinto rival do Marín Peixegalego na actual temporada de LEB Ouro. O equipo oscense atópase situado na zona media da clasificación con dúas vitorias e dúas derrotas, despois de superar en finais igualados ao Cáceres Patrimonio de la Humanidad a domicilio e ao Covirán Granada na súa cancha nas primeiras xornadas, e caer contra Gipuzkoa fóra e Leyma Coruña na casa nos seguintes compromisos.

O seu obxectivo é acadar a permanencia sen atrancos. O colectivo, adestrado unha temporada máis por Guillermo Arenas, ten a homes de contrastada calidade, pero tamén debutantes na categoría cunha gran marxe de mellora e moita xuventude.

Entre as grandes virtudes do Huesca, destaca o seu potente e versátil xogo interior. Vasilije Vucetic e David Skara agloméranse practicamente todo o xogo aragonés, sendo os dous máximos anotadores, reboteadores e valorados do equipo.

Ademais, non podemos esquecer a presenza dun moi novo e prometedor xogo exterior no que destacan Diego de Blas, formado no Real Madrid, Olin Carter é o Dani García, cedido polo Manresa.