O libro “Ourense somos nós. O ano da Unión” xa é toda unha realidade

0

 

A obra recolle a vida do primeiro ano da historia da UD Ourense, club xurdido trala desaparición de CD Ourense. 

 

Este martes foi presentado no centro comercial Ponte Vella o libro “Ourense somos nós. O ano da Unión”, por parte dos seus autores, os xornalistas Ramsés Torres – director de Barrios Deportivo- e Xabi Colmeiro – Faro de Vigo-. Na presentación tamén participaron o prologuista, o doutor Cabaleiro, o xerente do centro comercial, Marcos Vila, e o editor, Higinio Osorio, propietario de Librería Aldova.

Numeroso público acudiu a este acto para coñecer esta obra, que repasa a curta historia da Unión Deportiva Ourense, desde a creación da Plataforma SOS CD Ourense –que tentou salvar o desaparecido CD Ourense- ata o final dunha tempada máxica, que rematou cun equipo que logrou un pleno de victorias en liga, e sobre todo, cunha resposta social impropia dunha categoría como a oitava nacional (a Terceira Autonómica), ao acadar no seu primeiro ano de vida máis de mil socios.

 

Ademáis de poder mercalo en Librería Papelería Aldova poderedes facelo online no seguinte enlace gracias a Oeste Marketing, ao prezo de 15 euros.