Alexandrau Olah, pívot nado en 1993, de 2,13 m., internacional con Rumanía e con formación NCAA, procede da liga belga.

O Leite Río xa ten o seu «cinco». Formado nos Northwestern Wildcats onde promediou na etapa NCAA 9,5 puntos, 5,4 rebotes, 1,5 tapóns e 1,5 asistencias por partido, Olah (Timisoara, Rumanía, outubro de 1993) é internacional absoluto coa súa selección e xogou a pasada tempada no Kangoeroes Mechelen da primeira categoría belga, onde asinou 12,1 puntos e 6,8 rebotes en 38 partidos, cun acerto do 57,5% en tiros de campo en un 87,2% en tiros libres.

Olah é un pívot intimidador e de grande envergadura. Destacado reboteador, ten facilidade para anotar tanto preto do aro como en posicións máis alonxadas. 

Chega ao Leite Río Breogán un center xoven, con proxección aos seus 25 anos, e xa con experiencia en Europa, onde xogou trala súa formación NCAA.

Traxectoria:

Nota de prensa del CB Breogán