O Leite Río Breogán incorpora ao aleiro José Nogués

0
  • O exterior de 2,04 m. e 24 anos procede do Divina Joventut.

O Leite Río Breogán chegou a un acordo para que o aleiro José Ignacio Nogués forme parte do equipo celeste na nova tempada. O aleiro nado en Barcelona formouse dende cadete no Joventut e conta cun brillante historial en tódalas categorías de formación, tamén como internacional, o que o levou a debutar co equipo verdinegro de Liga Endesa en outubro de 2015, nunha tempada na que compaxinou as participacións co primeiro equipo e o CB Prat de LEB Oro. Nas últimas tres tempadas formou parte do conxunto de Liga Endesa que tamén xogou na Copa del Rey na súa última edición edición.

Nogués é un aleiro alto con bo lanzamento exterior e con capacidade de xogar tanto de tres como de catro aberto valéndose da sua envergadura.

Nogués, que ademais do seu percorrido ACB ten experiencia en LEB Oro co CB Prat, chega ao Breo co propósito de seguir medrando como xogador e de amosar todo o seu talento coa camiseta celeste.

TRAXECTORIA

Categorías inferiores. SESE.
2010-11. Joventut. Cadete.
2011-12. Joventut. Junior.
2012-13. Joventut. Junior.
2013-14. CB Prat. LEB Plata.
2014-15. CB Prat. LEB Oro.
2015-16. CB Prat Joventut. LEB Oro. Disputa 13 partidos co FIATC Joventut en Liga Endesa
2016-17. Divina Seguros Joventut. Liga Endesa.
2017-18. Divina Seguros Joventut. Liga Endesa.
2018-19. Divina Seguros Joventut. Liga Endesa e Copa del Rey.

INTERNACIONALIDADE

2011. España. Europeo Sub16, en República Checa. Bronce
2012. España. Mundial Sub17, en Kaunas.
2012. España. Europeo Sub18, en Letonia/Lituania.
2013. España. Mundial Sub19, en Praga.
2013. España. Europeo Sub18, en Letonia. Bronce
2014. España. Europeo Sub20, en Creta (Grecia). Prata
2015. España. Europeo Sub20, en Lignano Sabbiadoro (Italia). Prata

PALMARÉS

2011. Joventut. Campionato de España Cadete. Campión
2011. España. Europeo Sub16, en República Checa. Bronce
2012. Joventut. Campionato de España Junior. Subcampión
2013. Joventut. Torneo de L’Hospitalet. Campión 2013. Membro do quinteto ideal.
2013. Joventut. Nike International Junior Tournament. Campión
2013. Joventut. Campionato de España Junior. Campión
2013. España. Europeo Sub18, en Letonia. Bronce
2013-14. CB Prat. Copa LEB Plata. Campión
2013-14. CB Prat. LEB Plata. Campión do Playoff e ascenso
2014. España. Europeo Sub20, en Creta (Grecia). Prata
2015. España. Europeo Sub20, en Lignano Sabbiadoro (Italia). Prata

Nota de prensa del CB Breogán