A conferencia será impartida por Fernando F. Saccone experto en psicoloxía deportiva.
A conferencia poderán asistir todas as persoas que queiran aprender sobre psicoloxía deportiva, en concreto psicoloxía enfocada ao rugby. A conferencia é aberta a toda a comunidade universitaria.
Na conferencia estarán dispoñibles para mercar e asinar os dous libros publicados por Fernando
-Rugby mental: Radiografía psicológica del juego y su entorno
-La clave de la concentración
PROGRAMA
-18:00 Conferencia destinada a xogadores e educadores sobre destrezas mentais aplicadas ao xogo.
-18:50 Espazo para intercambio e inquietudes.
-19:30 Conferencia destinada a educadores sobre ferramentas de manexo comunicacional en adestramentos e partidos.
-20:20 Espazo para intercambio e inquietudes.
Fernando F. Saccone elaborou o «Programa de Entrenamiento Mental» para o sistema de Alto Rendemento da Unión Argentina de Rugby e desenvolveu o área psicolóxica nos Centros de Alto Rendemento da Unión, traballando con xogadores, managers e staff, así como cos adestradores e seleccionados nacionais. Tamén traballó como psicólogo deportivo para o área referato da Unión de Rugby de Buenos Aires. É membro fundador da Asociación de Psicología Aplicada al Rugby. Elaborou e é capacitador do curso «Destrezas mentales integradas al rugby». Na actualidade desenvolve clínics, intervencións e asesoramento para diferentes clubes da Argentina e países de fala hispana que contratan frecuentemente os seus servizos para intercambio e inquietudes.
Info y foto: Kaleido Vigo Rugby Club, comunicación@vigorugby.com 660101437