O Inorde e a Secretaría Xeral para o Deporte cooperan para a subministración dunha carpa para a realización de eventos deportivos

0
Sinatura convenio de colaboración entre o INORDE e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a instalación dunha carpa no CERLAC de Lais donde se instalará un ximnaso para os deportistas. Asinan Rosendo Fernández (Presidente do INORDE) e José Ramón Lete Lasa (Secretario Xeral para o Deportes da Xunta de Galicia).
  • Rosendo Fernández e José Ramón Lete asinaron hoxe, no Pazo Provincial, o convenio de colaboración entre ambas administracións con este obxectivo.

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, asinaron hoxe, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración entre ambas administracións para a subministración dunha carpa para a realización de eventos deportivos. O importe total das actuacións a realizar ascende aos 29.190 euros, que serán achegados pola Secretaría Xeral para o Deporte co obxectivo de «potenciar o deporte tanto de base como profesional», sinalou o presidente do Inorde.

A carpa instalarase no espazo co que conta o CERLAC en Laias, concretamente entre os edificios do Balneario e do Hotel. «A principal función desta carpa será a de ximnasio, pero estará destinada tamén a acoller calquera outra actividade deportiva», explicou Rosendo Fernández, quen agradeceu á Xunta de Galicia que, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, permita «poñer a disposición dos deportistas esta nova infraestrutura».

Pola súa parte, José Ramón Lete destacou a «aposta polas infraestruturas deportivas e, neste caso, polo deporte ourensá», e neste sentido dixo que o compromiso coa provincia de Ourense vai máis alá deste convenio, pois no ano 2019 «medramos no investimento total da Xunta, no ámbito do deporte, máis dun 40% con respecto ao ano 2018 e, no caso da provincia de Ourense imos a investir máis de 400.000 euros este ano en doce concellos, aos que hai que engadir os 500.000 euros que xa temos previstos para a obra dos Remedios».

O obxectivo de ambas administracións é conseguir un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas deportivas, para prestar servizos de calidade á veciñanza e apoiar aquelas actuacións cuxa finalidade sexa a mellora ou creación de infraestruturas e equipamentos necesarios para a prestación de servizos relacionados coa promoción do deporte e instalacións deportivas.