A xornada comezará coa proba mini-sprint (11:00 horas), na que están inscritos 90 deportistas que terán que realizar 300 metros de natación, 13 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.

Ás 12:00 horas darase a saída a proba sprint masculina, na que os participantes realizarán 750 metros de natación dende a praia de Panxón, 19,5 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe. Será unha proba moi disputada, xa que non hai un gran favorito. Entre os inscritos Roberto Barral (Arcade Inforhouse), Jacobo Martínez (Tríatlon Poio), Brais Otero (Arcade Inforhouse), entre outros. Na categoría feminina (12:02), Alba Caamaño (Olímpico de Vedra) parece a favorita. En total, 250 participantes (con algúns en lista de espera).

Comentarios