O HC Liceo arranca a temporada continental

0
Foto: HC Liceo
  • Dava Torres: “é clave ser intensos e saber adaptarnos ao ritmo dun equipo que sabe o que é gañar a liga e a supercopa do seu país”
  • Os liceísta sufriron problemas na viaxe polos retrasos do avión e as incidencias do aeroporto de Barcelona

#DeportivoLiceo arrinca o sábado ás 21 horas un novo soño europeo. Os pupilos de Juan Copa estréase na competición continental ante un vello coñecido ao que xa se mediron a tempada pasada, cando cultivaron unha derrota en terras transalpinas e sumaron unha vitoria como locais no palacio dos deportes de Riazor.

Con todos os xogadores dispoñible, e tras unha viaxe complicada por problemas cos avións e coas ligazóns no aeroporto de Barcelona, o conxunto liceísta afronta o choque sabedor, como dixo Dava Torres, da importancia de “ser intensos e saber adaptarnos ao ritmo dun equipo que sabe o que é gañar a liga e a supercopa do seu país”.

Nunha pista con capacidade para 1.200 persoas, e cunha afección que aperta desde o primeiro minuto, o conxunto herculino é consciente de que sacar algo positivo deste primeiro choque será clave nas opcións de #DeportivoLiceo na competición.

Día: Sábado, 19 de octubre

Hora: 21 horas

Pabellón: PalaForte

Tv: cers-rinkhochey.tv

Nota de prensa del HC Liceo