David Bas

David Bas é natural de Gondomar, chega procedente do Atios. Anteriormente militou seis tempadas no Coruxo, tras iniciarse no Vilariño. O xogador, de 20 anos, chega «con gañas de traballar e axudar ao equipo, e con ilusión por facelo máis grande».

Álex Vila

O Gondomar CF incorpora a outro veciño de Gondomar, o gardamallas Álex Vila, procedente do Alondras CF, da Terceira División. Tamén militou no Ourense CF , tras iniciarse no Areosa e Gondomar FB. Aos 22 anos ven convencido porque «é o momento de que estemos todos, e axudemos e traballemos para levantar o equipo».

Sydney Borja

Sydney Borja decidiu renovar una non máis co Gondomar CF. É natural de Gondomar, cumplirá a súa cuarta tempada no Clube, ao que chegou procedente do Gondomar FB. Anteriormente, militou nas categorías inferiores do Val Miñor. O xogador de 22 anos, ten ganas de «axudar ao equipo do pobo a que volte a ser grande».

Juan Fernández

Unha gran nova para o Gondomar CF é a continuidad  do gardamallas Juan Fernández. Chegou ao noso Clube dende o Rápido Pereiró, tras formarse nas categorías inferiores do Rápido de Bouzas. O xogador, de 20 anos, asegura que segue «coa ilusión de devolver esta histórica entidade á Preferente».

Andrés Romero

Outro de Gondomar que retorna a casa, o defensa de 20 anos Andrés Romero. Será a súa segunda tempada no Clube, logo de estar hai dous anos, cando chehou procedente do Gondomar FB. O xogador, ven coa «ilusión de devolver o Gondomar onde merece».

Antón Cabado

Outro afincado no Val Miñor, o atacante de 20 anos, Antón Cabado Hermida. O xogador chega procedente do Nigrán CF, tras pasar polas categorías inferiores do Val Miñor e do RC Celta. Afirma que ven con moita ilusión, convencido polo proxecto do Clube». Benvido Antón, moitos éxitos!!

Adrián Pérez Caride

Renova o centrocampista olívico Adrián Pérez Caride. Chegou ao Clube dende o Coruxo, despois de pasar por Rápido de Bouzas, RC Celta de Vigo, Areosa e categorias inferiores de Santa Mariña. O xogador de 21 anos, asegura que «o que máis me chamou a atención para seguir, foi o compañerismo deste vestiario».

Mintes

Outro afincado no Val Miñor, o atacante de 20 anos Mintes, que volta ao Clube despois de xogar no Xove Lago de Lugo, ao estar estudando en Burela. Afirma que chega ao Clube «con ganas devolvelo a onde merece, e axudar en todo o que sexa posible».

Brais Pazos

Tamén segue no Gondomar CF o polivalente Brais Pazos. Natural de Gondomar, chegou ao Clube dende o Gondomar FB, tras pasar polo Val Miñor. O xogador de 22 anos, asegura que «decidín quedarme porque é o equipo do meu pobo, e teño moita ilusión por devolvelo a Preferente».