A EFF Rosalía «A» tiña ante si a posibilidade de colocarse como líder en solitario da categoría en caso de vencer o Valladares. Comezou ben o equipo de Alba xa que no primeiro minuto de xogo xa eran quen de porse por diante no marcador, pero o Valladares non se veu abaixo e na primeira parte púxolles as cousas difíciles o Rosalía que tiveron que empregarse a fondo e tirar do seu mellor xogo combinativo para levarse unha victoria que as coloca como líderes do grupo sur o ser o único equipo que venceu os tres primeiros partidos.
Pola súa banda, a EFF Rosalía «B» presentábanse con importantes baixas o encontro contra o Umia CF, inda así na primeira parte foron quen de plantar moita cara as suas rivais na que a xogadora máis destacada foi a porteira. Chegouse o tempo de lecer cun resultado moi apretado. Na segunda parte as nosas viñéronse algo abaixo físicamente e esto fixo que o Umia se levara una sinxela victoria.
EDVM Pereiró vs EFF Rosalía. Lugar: Campo das Pias
As senior viaxaban ata o feudo do líder indiscutible da categoría, a EDVM Pereiró. Exemplo de compromiso do equipo nunha das visitas máis complicadas para o recién creado clube e cas numerosas baixas cas que acudían.
O equipo comandado nesta ocasión por Alba Rodríguez (debido a ausencia dos dous adestradores principais) acudiu á cita con 6 infantiles (4 delas de primeiro ano) á casa do líder, o cal chegaba a cita con números de escándalo 7 xogados, 7 gañados 59 goles a favor e só 3 en contra. Pola contra o EFF Rosalía cas baixas de Alba, Sara e Zaira xogadoras moi importantes para o plantel visitante.
Saiu a EFF Rosalía cun equipo de 15 anos de media de idade, pero sin complexos nun campo totalmente encharcado pola incipiente choiva…. o Pereiró tentou levar o peso do xogo en todo momento, pero encontrouse cun incómodo rival o que a pesar de vencer 4-0 (3-0 ó descanso) non vendeu en ningún momento barata a derrota.
Impresionante imaxe de compromiso a demostrada onte no Monte da Mina por unha novísima plantilla en idade, pero moi grande en orgullo de traballo no verde.
A próxima semana teñen xornada de descanso o cal lles virá moi ben para recuperar a lista de lesionadas á que onte uníuselles Sabela Meno cun problema nun xeonllo.