O Día do Pequebasket xa ten aberta as inscricións

0

 

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega

 

CARTEL-DIADOPEQUEBASKET copiaA Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenos e, en consecuencia, a máis de 500 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

Onte día 6 abriu o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa.O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica e que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal. 

A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web  www.diapequebasket.es  e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA  galicia2018@fegaba.es , ata o mércores 29 de Abril.