• Os participantes recibirán ata o venres 12 leccións prácticas dos adestradores do Deportivo de A Coruña no campo municipal de fútbol de A Ran.

Cuntis volve  a organizar un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o Atlético Cuntis, o Concello da localidade, a Deputación de Pontevedra e Termas de Cuntis.

O DéporCampus estase a celebrar esta semana, ata o venres día 12 de xullo, no Campo Municipal de Fútbol de A Ran. Nesta edición, conta con 39 participantes (37 nenos e 2 nenas), que asistirán á actividade en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O presidente do Atlético Cuntis, Fran Fontenla, indica que se trata dunha “estimulante actividade de fin de temporada”, onde nenas e nenos gozarán das leccións prácticas dos adestradores do Deportivo de A Coruña. Os participantes recibiron o equipamento do DéporCampus, ademais de ter froita e auga a súa disposición. Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra de España.

Nota de prensa del Balneario de Cuntis