O Depor golea ao Celta B na estrea da 1ª RFEF (5-0)

0

A 1ª RFEF comezaba con intensidade para os equipos galegos cun derbi entre o Deportivo e o Celta B. O pasado ano foran os vigueses os que venceran na casa do seu eterno rival, pero nesta tempada viuse un novo Deportivo que pasou por riba do conxunto celeste.

No minuto doce os locais xa estaban por diante no marcador cun gol de Miku, que conseguiu sortear á defensa e ao porteiro rival para anotar sen oposición. Catro minutos despois foi Quiles o que ampliou a vantaxe para os coruñeses. O Celta B xeraba poucas combinacións entre os seus xogadores de ataque e non conseguía crear ocasións claras.

Na segunda metade os vigueses estiveron algo mellor. Onésimo deu entrada a Lautaro, Cedric, Carbonell, Gabri Veiga e Medrano para tratar de reverter a situación. Con todo, cando mellor estaba o Celta, comezaron a chegar máis goles do Deportivo. O terceiro foi obra de Menudo, o cuarto de Doncel e o quinto de Noel.

Este Celta B ten aínda moito que mellorar para volver ser o equipo que chegou á fase de ascenso a Segunda División na pasada campaña. En cambio o Depor ten intención de converterse nun dos favoritos do grupo de cara ao ascenso.

Ficha técnica

RC Deportivo 5-0 Celta B

RC Deportivo: Mackay, Trilli, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Álex Bergantiños, Villares (Doncel), Juergen Elitim (Josep Calavera), William de Camargo (Menudo), Alberto Quiles (Noel) e Miku (De Vicente).

Celta B: Gaizka Campos, Thomas Carrique, Javi Castro (Gabri Veiga), Álex Martín, Carlos Domínguez, Diego Pampín (Medrano), Jordan Holsgrove, Carlos Beitia (Carbonell), Javi Gómez (Cedric), Miguel Rodríguez (Lautaro) e Alfon.

Goles: 1-0 (min. 12 Miku). 2-0 (min. 16 Quiles). 3-0 (min. 69 Menudo). 4-0 (min. 93 Noel). 5-0 (min. 92 Noel).

Árbitro: Pedro Eugenio Muñoz Piedra

Asistencia: 13.000 espectadores

Campo: Estadio de Riazor

Imaxe

Fotografía: Canteira Celeste