O defensa Carlos Figueroa «Carlitos» aterriza no Gondomar CF

0

 

O defensa de 27 anos Carlos Figueroa Fernández, afincado en Vincios (Gondomar), convértese na oitava fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado no Gondomar e no Sárdoma, como senior estivo no Vincios, Erizana, Atios, Valadares e no noso Clube varias tempadas, coincidindo entroutras co ano do centenario.

Agora, co obxectivo de voltar á primeira, destacou que «apostei polo Gondomar esta tempada porque xa estiven no centenario e cando o subimos a Preferente. Ver que de ser un referente na liga con opcións á 3ª Division e en 2 años estar casi para desaparecer non se puede permitir. Temos que devolver ao Gondomar onde merece. Á afición somentes dicirlle que sin eles non existiría o club, e que agora é cando máis toca animar, para voltar a subir».