O crecemento do Pontevedra Rugby ainda non toca teito

    0

     

    A grande cantidade de xogadores sénior fai posible un histórico acordo con Barbanza duplicando a presencia do PRC nas ligas galegas, nun ano no que espera batir o seu propio récord de fichas.

    Onte parte da Plantilla do primeiro equipo masculino, desplazouse a Rianxo para compartir a primeira xornada de formación conxunta con Barbanza.

    Aproveitouse para confirmar que esta tempada o equipo da comarca do Barbanza será un lugar privilexiado para dar minutos e formación os novos xogadores do PRC.

    Pontevedra Rugby será o único representante pontevedrés na primeira división do rugby galego, onde, por primeira vez en moitos anos, xuntaranse todos os máis potentes equipos do noso rugby, incluídos os catro que nos últimos anos competían en categoría nacional.

    Pontevedra Rugby xunta este ano a máis ampla plantilla da súa historia, con máis de 40 fichas, o que fai preciso moitos partidos e diferentes niveis para todos.

    Así xurde a posibilidade de traballar con Barbanza. Un clube que mantén a chama do rugby dende Rianxo e a sua comarca, un exemplo de perseverancia e amor polo deporte.

    Con unha plantilla curta de efectivos, a aportación de xogadores dende Pontevedra será máis que benvida, e para os nosos, unha ocasión de ver outras formas de xogar e convivir que os enrriquecerá.

    Tempada histórica.

    Deixando atrás as limitacións do protocolo dos últimos anos, o Pontevedra Rugby Club inicia a tempada máis emocionante.

    O campo de Monteporreiro recibirá a clubes coma VIGO, CRAT, OURENSE ou Ferrol, que militaron nos últimos anos en categoría nacional, sen dúbida a mellor 1ª división galega da historia.

    Por outra banda as categorías de formación siguen crecendo. M18-16 e 14 continúan recibindo xogadores e xogadoras e disfrutando de fantásticos adestramentos os martes, mércores e venres en Monteporreiro e xa teñen pechados partidos de preparación frente a clubes portugueses e galegos.

    E o corazon do clube, a súa escola, xa está a pleno rendemento e con adestramentos abertos a todas-os.

    Os mércores e venres, o campo de rugby de Monteporreiro está cheo de diversión, bo rugby, *e* *valores* grazas a nenas e nenos dende 4 a 12 anos que xa se ve que este ano crecerán enormemente en número.

    E desde logo o feminino. Un grupo que este ano ve marchar a dúas xogadoras do PRC para o equipo de división de honra do CRAT, e segue a adestrar na súa loita por asentar o rugby feminino na cidade.

    Estamos no noso mellor momento e esto só comezou, nos próximos días anunciaremos a mellor nova para o rugby pontevedrés en anos!!!

    Moitas Gracias. Cristina. Prensa PRC