O Consello Municipal de Deportes entrégalle a AODEM a recadación do dorsal solidario da San Martiño 2019

0

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense fíxo entrega esta mañá dunha doazón de 866 euros procedentes do dorsal solidario dos corredores que participaron na carreira popular do San Martiño 2019, en favor da favor da Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e enfermidades neurodexenerativas (AODEM).

As achegas solidarias realizadas polos deportistas ourensáns e canalizadas a través do Consello Municipal de Deportes irán destinadas á campaña “Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias” que desenvolve a asociación ourensá. A doazón de 866 euros supón o 100% da recadación do dorsal solidario da Carreira Popular do San Martiño 2019.