[alert type=»success»]
– As 28 instalacións dispoñibles adxudícanse a través dun procedemento aberto, regrado e con criterios obxectivos
– As instalacións permitirán practicar o deporte durante 32.940 horas ao ano na cidade
– A resolución provisional de adxudicación está publicada na web do Consello Municipal de Deportes
[/alert]
O Consello Municipal de Deportes do Concello facilitará na nova temporada 2016/17 instalacións deportivas a un total de 57 equipos, nos que adestran e compiten 7.247 deportistas ourensáns.
A resolución provisional de adxudicación dos espazos fíxose pública e pódese consultar na páxina web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense.com.
A adxudicación das canchas realízase a través dun procedemento aberto, que comezou coa convocatoria pública e apertura durante o mes de xuño do prazo para que os equipos solicitaran o uso de instalacións
Este ano, realizáronse unhas puntualizacións no regulamento e fixáronse criterios obxectivos para a adxudicacion das canchas aos equipos solicitantes: categoría, antigüidade, número de licenzas e criterios técnicos.
Posteriormente, analizouse cada unha das propostas para buscar a solución máis axeitada para acadar o máximo uso das instalacións e o mellor servizo aos equipos. “É un traballo moi riguroso realizado polos nosos técnicos, sustentado nunha convocatoria aberta, de libre concurrencia, regrada, con criterios obxectivos e un estudio exhaustivo para conciliar os intereses de todos os equipos, e e buscar o maior uso e mellor servizo de cada instalación, encaixando e axustando horarios e canchas para chegar a dar servizo ao maior número de deportistas», asegura o concelleiro de Deportes, Mario Guede.
Son, en total, 28 as instalacións deportivas que se poñen a disposición dos equipos: as 23 de titulariedade municipal máis outras 5, situadas en centros educativos e Universidade que se facilitan grazas a convenios de colaboración con outras institucións.
Os 57 equipos corresponden a 24 modalidades deportivas diferentes: (Aeromodelismo, Balonman, Halterofilia, Baloncesto, Fútbol, Fútbol Sala, Ténis Mesa, Voleibol, Ximnasia, Natación, Hockey, Tiro Olímpico, Salvamento, Waterpolo, Atletismo, Whu-Shu, Montañismo, Sincronizada, Triatlón, Kick Boxing, Volei Praia, Piragüismo, Badminton, Rugby).
O número de usuarios que desfrutarán das instalacións son 7.247
A cesión das instalacións para esta temporada supora 833,5 horas de práctica deportiva ao mes (721 de adestramentos e 102,5 de competicións ao mes) e 32.940 horas ao ano (28.840 de adestramentos e 4.100 de competicións.
Conforme ao definido na convocatoria realizada antes do verán, os criterios de valoración para proceder á asignación de uso das instalacións deportivas municipais foron:
- Categoría por equipo e nivel de competición,
- Antigüidade, no uso dunha instalación deportiva municipal.
- Número de licenzas federativas.
- Criterios Técnicos que favorezan a planificación e xestión das instalacións
Estas modificacións incorporáronse ao regulamento para a temporada que agora comeza 2016/2017, ainda que o Consello Municipal está aberto a incluir en próximas convocatorias novidades que permitan responder ainda mellor, na medida das posibilidades, ás demandas que xurdan.