O Consello Municipal de Deportes de Ourense entrégalles os premios aos 27 centros educativos que colaboraron na Carreira do San Martiño 2019

0

 

Ourense .- O Consello Municipal de Deportes entregou esta mañá os premios aos 27 centros educativos de Educación Primaria e Secundaria que colaboraron na Carreira Popular do San Martiño 2019, achegando a participación de nenos e nenas na tradicional proba ourensá. Asistiron ao acto o concelleiro de Deportes, Mario Guede e outros representantes do Consello Municipal de Deportes e da Xunta de Galicia.

Cada centro que alcanzou un mínimo de 25 deportistas na carreira do pasado día 17 de novembro recibiu un premio de 120 € en material deportivo. Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros centros de Secundaria e Bacharelato recibiron premios en material deportivo: 1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€

O primeiro clasificado en Primaria foi o CEIP Prácticas, con 148 participantes, seguido de Santa Teresa – Carmelitas, con 139, e María Auxliadora – Salesianos, con 122. En Secundaria foi o IES As Lagoas, con 186, seguido do IES Bñanco Amor con 154 e o IES O Couto con 154.