O Concello de Ourense inicia os trámites para a compra do Complexo Deportivo do Bamio

Conta con con dez pistas de tenis, seis de pádel, dúas piscinas -unha interior e outra exterior-, e diferentes salas versátiles -ximnasio, musculación-, habitacións, restaurante e aparcadoiro con 100 prazas.

0
Foto: Miguel Villar/La Voz de Galicia

Ourense, 20 de xuño de 2020.- O Concello de Ourense iniciou os trámites para a compra do complexo deportivo do Bamio, que se podería incorporar á dotación de espazos deportivos para a cidade. Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, considera que “non se pode deixar escapar” unhas instalacións con dez pistas de tenis, seis de pádel, dúas piscinas -unha interior e outra exterior-, e diferentes salas versátiles -ximnasio, musculación, etc-, habitacións para deportistas e preto de 100 prazas de aparcamento.

Afirma o rexedor que, co desenvolvemento termal nas marxes do río, o complexo do Bamio daríalle cabida a todos os deportistas que actualmente empregan as instalacións do Campo da Feira. Ademais, as instalacións da Lonia, nas que xa se adestraron deportistas de alto nivel coma o tenista Andy Murray ou o atleta Carles Castillejo, poderían acoller un centro de concentración para deportistas, así coma un restaurante que se podería sacara concesión pública, ou un albergue.

O alcalde calcula en varios millóns o valor do complexo deportivo, unha vez acondicionado, e non comprende como o Concello de Ourense non aproveita esta oportunidade de facerse con el por “unha fracción mínima do seu valor”.