O Concello de Ourense acometerá reformas no anexo dos Remedios

0

 

Un convenio por 300.000 euros coa Secretaría Xeral para o Deporte permitirá realizar unha reforma e mellora no anexo do polideportivo dos Remedios

Así o confirmaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, nunha reunión na Alcaldía, quen confirmou que o departamento autonómico aportará 200.000 euros para as obras

Os traballos consistirán no cambio da superficie de xogo (substituindo o actual linóleo por pavimento deportivo de alta calidade en absorción de golpes, fricción e uniformidade); o cambio das gradas telescópicas por un sistema motorizado con asentos individuais de polipropileno; e a instalación dun sistema de calefacción para atemperar o recinto

 

Un convenio por 300.000 euros coa Secretaría Xeral para o Deporte permitirá realizar unha reforma e mellora no anexo do polideportivo dos Remedios

 

Así o confirmaron esta tarde o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, nunha reunión na Alcaldía, quen confirmou que o departamento autonómico aportará 200.000 euros para as obras.

 

C3- est ref - graderíos-colores asientos-page-001O Pavillón Anexo dos Remedios foi construído no ano 1989, coas actuais dimensións e as mesmas características fundamentais coas que conta na actualidade. Consta dunha pista de 44 x 28 metros, aínda que esta superficie se ve cortada ao ancho no momento que son despregadas as bancadas de que consta a instalación. Ten unha capacidade de 300 persoas aproximadamente nas bancadas despregables e unhas 100 persoas máis nas bancadas superiores.

 

Esta pista resulta a máis aproveitable para adestramentos coas que conta o Consello Municipal de Deportes, pois co seu sistema de separación por medio de cortinas e o pintado de varias pistas deportivas ao través, pode ser empregada para o adestramento simultáneo de tres equipos. Debido ao seu uso masificado durante tantos anos, faise urxente o acometer unha serie de reformas fundamentais que poidan mellorar esta instalación e sexan beneficiosas para a practica deportiva.

 

Así, o Concello de Ourense formalizará en próximos días un convenio de colaboración coa Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a mellora de esta instalación. A Secretaría Xeral para o Deporte aportará a cantidade de 200.000 euros para as melloras proxectada que van encamiñadas fundamentalmente a: 

 

1.- Cambio da superficie de xogo, sustituindo o actual linóleo que vai asentado sobre taboleiros de madeira por un pavimento deportivo de alta calidad en absorción de golpes, fricción y uniformidad. A súa estructura hueca pode absorber o impacto e revertir a súa posición orixinal gracias á cámara de aire interior.

2,- Cambio das gradas telescópicas. As gradas retráctiles actuais son con bancadas de madeira e a súa extracción se realiza de forma manual. O estado actual das mesmas está a dañar o pavimento debido os desaxustes existentes. A reforma pretende dotar de un gradería telescópico motorizado, con asientos individuais de polipropileno. As gradas telescópicas son ideais para eventos que requiren un armado rápido. As pezas que conforman a estrutura das gradas telescópicas logran unha gran seguridade para o espectador grazas as características técnicas da sua confección a cal garantiza unha correcta distribución do peso, soportando de maneira uniforme e segura aos espectadores. 

3.- A terceira reforma proxectada consiste na instalación de un sistema de calefacción para atemperar o recinto evitando as baixas temperaturas na que as veces se atopa o recinto deportivo. A temperatura da sala, ocasiona problemas para os deportistas e incomodidade para os espectadores que asisten aos diversos actos deportivos.

 

A reforma desta instalación vai supor unha inversión total aproximada de 300.000 euros. O proxecto xa está rematado e será aprobado próximamente polo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes. As obras dotarán ao complexo deportivo do Pavillón dos Remedios de outra pista de calidade e que, ademais da variedade de deportes que poden disputarse na mesma, poderá albergar eventos deportivos importantes xa que tanto as dimesións como o pavimento estarán adaptados para este tipo de competicións.

 

Na mesma reunión Lete Lasa informou ao Alcalde sobre o estado de situación da outra das obras a abordar pola secretaría xeral para o Deporte na cidade neste 2016, a pista de atletismo en Expourense. O investimento final, que compatilizará os usos deportivo e feiral e que será sufragado polo departamento autonómico, estímase en 2.700.000 euros, e suporá a primeira pista cuberta con sistema hidráulico de Galicia e unha das poucas de España.