O COB consegue o compromiso de Concello e Diputación

0

 

O alcalde traslada ao COB a vontade do goberno municipal de apoiar ao club para que Ourense poda estar na próxima temporada na Liga ACB

 

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, compareceu esta mañá no Salón de Plenos, xunto ao presidente e ao vicepresidente do Clube Ourense Baloncesto, Antonio Gavilanes e Camilo Álvarez, así como o presidente en funcións da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O motivo foi dar conta do acordo acadado tras unha intensa mañá de reunións con técnicos municipais para analizar a situación do COB, co que este ano a cidade de Ourense viviu un dos seus máis importantes éxitos deportivos co ascenso de Club Ourense Baloncesto á liga ACB, a considerada a máis importante liga de baloncesto de toda Europa.

Jesús Vázquez manifestou que esta mañá quixo que a súa primeira reunión de traballo no Concello fora coa directiva de Club Ourense Baloncesto, para 

– Felicitarlles por este grande éxito deportivo acadado este ano e 

Expresarlles a vontade deste alcalde e do seu goberno municipal de prestar o apoio deste Concello para que poda xogar a próxima temporada na Liga ACB. 

Compromiso de apoio ao COBExplicou o alcalde de Ourense que hai unhas estrictas condicións establecidas pola Liga para aceptar a inscrición dos equipos que acadan o ascenso deportivo, coma neste caso Ourense, e que requiren uns compromisos económicos moi importantes.

“A directiva do COB trasladounos a vontade de ABanca de conceder dito financiamento se había un respaldo por parte das institucións: Concello e Deputación de Ourense. A vontade deste alcalde e deste goberno municipal é inequívoca: apoiar ao club e que Ourense poda estar a próxima temporada na Liga ABC”, explicou Jesús Vázquez. “Así, esta mañá mantuvimos unha xuntanza co interventor municipal, e o servizo de asesoría xurídica para materializar dito apoio. Froito desta xuntanza, redactamos un documento que plasma ese compromiso, esa vontade política de apoiar ao club neste momento, desenvolvendo os trámites precisos desde a institución municipal para dar o respaldo económico ao club para que poda xogar na liga ACB. Un compromiso coma este require dunha tramitación administrativa e o apoio da maioría da Corporación. O goberno municipal promoverá ese respaldo, e así o garantizamos neste documento”, analizou o rexedor ourensán.

Por último, Jesús Vázquez manifestou a súa confianza en que que ABanca “acepte este compromiso e a Liga ACB conceda a Club Ourense Baloncesto esa praza na liga que este ano   por méritos propios se gañou este equipo e a súa afición”.