O Club Escola Marítima Combarro medalla de ouro en Madrid

0

O Club Escola Marítima Combarro, antigamente chamado Kayak-Polo Combarro, ven de facerse coa medalla de ouro no torneo de España de Caiac Polo Primeira División Sub-16 Mixta, celebrado o pasado fin de semán en Puerta del Hierro, Madrid.

As ganas e ilusión que transmitían os Combarreses sub-16 o sabado horas antes do comezo do torneo xa daba a sensación de que os resultados ían a ser bos, como así foi dinde o primeiro partido no que se enfrontaban o C.D.E Sanfer  onde o resultado xa indicaba as intencións dos combarreses para co torneo.

Os resultados durante todo o torneo foron aplastantes por parte dos Combarreses:

  • Club Escola Marítima Combarro-17/C.D.E Sanfer-0
  • Club Escola Marítima Combarro-8/Club De Regatas Burriana-2
  • Club Escola Marítima Combarro-5/Asociación Deportiva Pinatarense-1,

Xa chegando o domingo na semifinal a vitoria tamén foi indiscutible disputada entre o club Escola Marítima Combarro-10 /Alaquàs Kayak-Polo-1,xa chagado a final contra club Deportivo Piragüismo Arcos, on sub 16 xa campións en diversas ocasións os Combarreses sub 16 no podían fallar,e non fallaron,unha final de infarto ata o ultimo minuto no que o resultado foi o de, club Escola Marítima Combarro-6/Club Deportivo Piragüismo Arcos-5.

Estes resultados son grazas a alta preparación de todos os padexeiros do club,os convocados e os que no,para o club combarres estes resultados son os primeiros logo da importante reestruturación do club en todos los aspectos,nome,directiva,incorporación de un alto numero de padexeiros do concello de Poio,incorporación de novas modalidades como son o piragüismo e dragón boat,estas novas modalidades foron incorporadas polo alta demanda solicitada entre os nosos socios,modalidades que serán ampliadas nun futuro coa finalidade de seguir medrando como ata o de agora.